Categoría: Comunicados


Con motivo da celebración do 18 de maio como Día Internacional dous Museos, Amigos dos Museos de Galicia, ademais de celebrar esta estraña xornada de coronavirus, potenciándoos virtualmente, deu a coñecer o Premio Pedra do Destino 2020, concedido nesta ocasión ao arqueólogo Lois Ladra. Galardón motivado pola súa preocupación en artellar os estudos de Galicia coa área atlántica, mesmo por asumir aspectos etno [...]

Sentimos non podernos atoparnos nesta xornada do 18 de maio, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras ,  como en anos pasados. Falando do pasado, do presente e do futuro da institución do MUSEO.  Aínda que podemos seguir a facelo, dalgún xeito, pode ser a través das pantallas,  das tecnoloxías dixitais, premento en calquera desas páxinas, fáciles de atopar en internet, elaboradas con saber e agarimo polo [...]

Realidade e virtualidade dos museos nos tempos do coronavirus Segundo a chamada do ICOMOS  (Consello Internacional de Monumentos e dos Sitios) celebraremos cada 18 de maio como ´”Día Internacional dos Museos”. Nesta anormal ocasión do coronavirus baixo o lema de Museos pola igualdade, a diversidade e a inclusión.  Un xeito máis pra sensibilizar sobre o papel dos museos na cultura, algo que vai máis alá da ditadura visual, do [...]

Pasan os días, a corentena - como a mellor solución fronte ao virus - faise longa.  O programa de actividades de Amigos dos Museos de Galicia para este ano 2020 queda como unha declaración de intencións do que debía ser e non foi. A máis de ir saíndo sans e salvos, agradecemos tamén este tempo de confinamento pra reformulacións ante o reto de seguir uníndonos nun colectivo que ten como base o humanismo, a [...]

Cada día máis lembrados e estimados amigas e amigos: Especial Coresma, coutados pola enfermidade, o medo e a incerteza, días nos que nos recollemos, case como eremitas, nos que tamén nos atopamos un pouco máis con nós mesmos que nos reorganizamos pro despois. Dicía  John Lennon que a “vida é o que pasa por diante namentres facemos outras cousas”. Pois velaquí  o que nos está pasando por diante aos qu [...]

Dende  o 2015 a Academia Galega de Belas Artes propuxo e ven celebrando cada 1 de abril como Día das Artes Galegas. Data escollida en memoria daquel día do ano 1188, cando o mestre Mateo ultima a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na catedral compostelán, tal como consta en epígrafe sobre os mesmos. Dende entón e nesa ansia de consolidar esta nova advocación no calendario civil, varios creadores das di [...]

Velaí, abaixo o enlace no que podes atopar as conferencias e imaxes que o enxeñeiro e especialista en simbolismo, José Luis García Dornelas ven impartindo, ás 20 horas  todos os segundos xoves de mes no noso espacio de cultura, Portas Artabras. Un xeito ameno de introducirnos na ética e estética, o fondo e a forma de representar, en epazos e tempos diferentes, aspectos que moveron a conciencia, a ciencia e a supertición a través [...]

Coa mellor ansia de seguir estando presentes  entre vos, axuntamos abaixo os enderezos ás coleccións duns Museos que nos axudaran a afirmar o humanismo como o gran logro das civilizacións. E humanismo significa entender o valor ser humano, a súas capacidades, dimensións e logro. Tempo pois pra combater a un inimigo invisible, resgardados na casa,  mirando cara un mesmo, atoándonos, meténdonos nos grandes logros do humanismo, [...]

APRAZAMENTO ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA Por mor da situación creada polo COVI-19, Amigos dos Museos de Galicia lamenta tomar a determinación de aprazar tanto as xeiras previstas como as actividades en Portas Ártabras para os próximos 15 días. Aconsellando seguir a normativa oficial ante esta situación. Polo demáis e para calquera consulta seguimos estando en contacto cos asociad@s no noso correo ou tel [...]