Categoría: Comunicados


Como todos os anos , e dende a súa creación en 1977, o colectivo de Amigos dos Museos de Galicia, celebrou no seu espazo de cultura ”Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella Coruñesa, un acto no que participou o historiador da Arte Carlos Valle, que tratou sobre “Pontevedra, e a  Peregrinación a Compostela”. Actividade na que quedou patente a significación do fondo fenómeno e recurso cultural que é a peregrinación, analizando o estado da cuestión. Ao finalizar este acto, Felipe-Senén, Presid [...]

O venres, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, nesta edición do 2022 dedicada ao pintor de Lalín "Laxeiro". Con tal motivo a Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará nesta xornada - ás 19.30 horas, na súa sede na Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, da Coruña - a exposición "Acción Laxeiro" comisariada polo académico de Artes da Imaxe Xurxo Lobato. De seguido terá lugar un acto no que se homenaxeará ao pintor e na que lembra tal xornada conmemora a data do 1 de abril do 1188 n [...]

A continuación presentamos o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizará entre o 18 e o 24 de abril de 2022 ao REINO DE ARAGÓN; DÍA 18/ABRIL: A CORUÑA – JACA Presentación no Obelisco para saír en dirección a Jaca, xantar en restaurante en roteiro. Durante o itinerario coñeceremos algún punto de interese na “Ruta do Cid”, como San Pedro de Cardeña. Chegada ao hotel de Jaca e distribución de habitacións. Cea e aloxamento. DÍA 19/ABRIL: JACA – SAN JUAN DE LA PEÑA – SANTA CRUZ DE LA [...]

Solución á continuidade de produción tradicional do secado do Congro A burocracia non xera máis que burocracia e mesmo nela quérese enguedellar a canto significa como recurso o Patrimonio Cultural. Como proba velaí o que nestes días de marzo acontece en Muxía ao suspender a Consellería de Sanidade e posiblemente multar o proceso de secado tradicional de congro nas cabrias. Actividade que reporta históricas relacións entre os cordaneiros de Aragón e os pescadores, intercambiando cordas por p [...]

Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" - o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie "Coñecer Galicia" Luns: Video-proxeccións sobre arte.Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural "O Facho"Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras [...]

O domingo 28 de novembro un representativo grupo de Amigos dos Museos de Galicia desprazarase ao Santuario do Milagres de Baños de Molgas para facer entrega do “Premio Pedra do Destino” 2021 a don Elixio Rivas Quintas polo seu incansable traballo na pescuda e recolleita de palabras, tradicións e materiais que comparte e conforman a valiosa colección do “Museo dos devanceiros” nas mesmas dependencias dos Paules. Amigos dos Museos de Galicia deu a coñecer este premio o 18 de Maio, “Día Internacion [...]

06 – 11 DECEMBRO 2021 CON AMIGOS MUSEOS GALICIA BÉLXICA ONDE SE ATOPA EUROPA Bélxica e concretamente a capital Bruxelas queren reunir as esencias históricas e culturais da Europa de nosos días. Nada mellor que elixir un tempo de esplendor, de luces e cor, como é o Nadal, escaparate de Paz, cando tamén se anovan os ánimos despois da pandemia pra furar na Historia, na Arte, na Cultura, nas vellas e novas tradicións de Europa. E facémolo programando unha viaxe a través dun país e dunha capital que [...]

COÍMBRA: ARQUEOLOXÍA, HISTORIA, ARTE, LITERATURA, ETNOGRAFÍA…. Características para unha viaxe que nos adentra na cultura galaico-portuguesa Esta xeira está pensada para os primeiros dias de outono, e nada mellor que Portugal e unha cidade próxima a Galicia na sua historia e na cultura, Coímbra. Nostalxia, fado, poema, conto… trátase de coñecer en fondura a cidade: a arqueloxía da “Aeminium” romana, coma unha homenaxe a procedencia de Caio Sevio Lupo, o arquitecto da Torre de Hércules. Labirinto [...]

Ante o lamentable abandono de continente e contido do Museo Carlos Maside de Sada proponse urxir a súa inclusión como BIC Dende o ano 2016 e por diferentes organismos, institucións e colectivos culturais de Galicia argumentouse e solicitouse ante as administracións - ás que involucra na salvagarda do Patrimonio Cultural o artigo 46 da Constitución Española -  incoar expediente para a declaración de BIC, do Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside (o Castro de Osedo, Sada). Argumentada so [...]