Actualidade


O xoves 14 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LA CARTOGRAFÍA EN EL ARTE ANTIGUO Y MEDIEVAL" A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes para mostrar a concepción que se tiña do mundo ao longo dos séculos, facendo especial fincapé nos mapas simbólico-relixiosos que poñían de manifesto a xeometría como reflexo da divindade. Esta actividade está [...]

Podes anotarte para a xeira do domingo 27 de agosto, a tradicional viaxe cultural ao Courel... e como sempre lembrando e seguindo os pasos do poeta Novoneyra. Dadas as circunstancias desta serra, dos seus bosques, o tempo climatolóxico e cronolóxico marcará un itinerario de ida e volta sempre intenso e con moitas alternativas sorprendente e no que non faltará, como meta, a aldea Parada, a casa da vida e a sepultura do poeta Uxio Novoneyra, espazos onde se nos recibe e trata cun vello e tradicion [...]

O xoves 10 de agosto, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "EL VIOLENTO Y MUJERIEGO REY DAVID" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos polos que un mítico rei mullereiro, adúltero, perxuro e asasino foi convertido polo cristianismo en antepasado de Cristo, monarca culto e autor dos Salmos. Esta actividade está enmarcada n [...]

O sábado 5 de agosto, ás 16:30 terá lugar a visita guiada e con degustación ao MEGA (Museo da Estrella de Galicia) que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia tiña axendada con antelación. Lembramos o interese deste novo centro vencellado á familia Rivera, así como a significación histórica e cultural da cervexa, da que xa o xeografo grego Estabón, nos anos do cambio de era, comentaba que era bebida enxebre (zythos) dos celtas galaicos... Ao cabo do tempo base dunha industria que caracter [...]

O xoves 3 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras visionaremos un documental sobre o Partenón da acrópole ateniense. Con esta proxección iníciase un ciclo que continuará en xoves seguintes e nos que Felipe-Senén lembrará e analizará histórica e culturalmente o recorrido realizado por noso colectivo no pasado mes de xullo por Creta, Atenas e o Peloponeso.

Se queres coñecer Galicia ben non deixes de vir a esta xeira a terras ourensáns. Un día intenso que nos levará por lugares insólitos dende o Carballiño ao Ribeiro de Leiro, esto é do Avia, de Beade a Berán, subindo á fermosa igrexa románica de San Tomé de Serantes, ás sorprendentes paisaxes de Pena Corneira... sitios dunha intensa Historia, tamén recorridos por Grahan Green. Seguiremos por Avión, terra de "mexicanos" con grandiosas mansións, o castro de San Vicente... para seguir por Terra de Mo [...]

O xoves 20 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida pola arqueóloga Ana Isabel Filgueiras, titulada OS CEREMONIAIS FLORAIS GALAICOS: ORIXE, LÍRICA E LEGADO MUSICAL. Repaso de tradicións galegas, repartidas ao longo do ciclo agrario anual que radican no mundo céltico e román. Costumes fortemente cristianizadas, fundamentalmente en relación co tempo primavera, Candeloria, Entroido, Maios, San Xoán... ás que abren á luz e ás froles, como símbolo de novos frutos n [...]

Con saída ás 16 horas do Obelisco (recollida única) realizaremos a xa anunciada xeira para visitar o Pazo de San Lourenzo (Compostela). Por todo o cal aínda podes anotarte e participar nesta visita, chamando ao 981210101 ou ao 630930298, de luns a venres de 19 a 21 horas. A elección deste día ven dado en función da dispoñibilidade dos propietarios para mostrarnos tan importante e singular predio. O pazo de San Lourenzo érguese na fermosa e antiga carballeira compostelá de San Lourenzo, baixo do [...]

O xoves 13 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "SANTIAGO Y LA LEYENDA JACOBEA" A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos económicos e políticos que xustificaron a elaboración de varios relatos lendarios, tratando de explicar a translación das reliquias do apóstolo desde Xerusalén a Galicia e o descubrimento, sete [...]