Actualidade


O sábado 25 de novembro, ás 16 horas dende a Plaza de Maria Pita (monumento) iniciaremos un recorrido por distintos espazos da cidade da Coruña para coñecer significativos aspectos do Modernismo na nosa cidade. Repaso da obra de singulares arquitectos como Pedro Mariño, Julio Galán, González del Villar, Ricardo Boán, Fernández , López Hernández, López de Mesa, Antonio Tenreiro, Reboredo López, Rodriguez Losada... entre tantos outros que representan as novas tendencias estilísticas co emprego dos [...]

O venres 24 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación conxunta dos libros: "VERÁNS DE MISTERIO" de Tareixa Roca e o "CAMIÑO DOS FAROS (DIARIO DE VIAXE)" de Luís G. Soto editados por Espiral Maior. Amais os autores participarán no acto Manuel Castelao Mexuto (estudioso e crítico literario) e Miguel Anxo Fernán Vello (director de Edicións Espiral Maior).

O xoves 23 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) unha nova conferencia pronunciada por Lois Ladra (arqueólogo e antropólogo) arredor dos RITUAIS FESTIVOS, CRENZAS E DEVOCIÓNS NO DOURO TRASMONTANO. Ao longo da pasada década, Lois Ladra desenvolveu en varios anos sucesivos un intenso traballo de campo na rexión portuguesa do Douro Transmontano, nos distritos de Bragança e Vila Real. Durante esta experiencia inmersiva e grazas aos rexistros gráficos e aud [...]

O xoves 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro - catálogo “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” de Siro López. “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” é unha exposición didáctica, pensada para todos os públicos e coa que a Fundación Carlos Casares quere achegarnos aos distintos aspectos do humor e da retranca galega, fenómeno humano de seu e da cultura, así como, ao mesmo te [...]

A asociación cultural O Facho, convidavos as próximas palestras en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña): Martes 14 de novembro, ás 20 horas: Adela Figueroa Panisse falará sobre Literatura e educación ambiental e presentación do libro "Gotas: o ciclo da água explicado para crianças", Premio de Teatro O Facho 2018" Martes 21 de novembro, ás 20 horas: Alberte Blanco Casal, falará de Xeopolítica, pandemia e postcapitalismo.

O xoves 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre o papel que xogaron os astros na arte antiga e medieval. A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas dos astros nas antigas culturas e no cristianismo. Esta actividade está enmarcada no "Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte".E [...]

O xoves 2 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), os árqueólogos e especialistas en Historia Antiga, Juan L. Naveiro López e Diego Piay Augusto, presentarán os resultados do libro publicado recentemente, que leva por título: "La huella romana en Catoira. De la arqueología a la Historia" (Andavira, 2023). A obra reconstrúe un período menos coñecido da historia de Catoira, anterior á construción das Torres de Oeste, para o cal se dispón unicamente de fontes arqueolóx [...]

O xoves 28 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de Jose Carlos Alonso, "ANIMALES EN CORUÑA. Del pasado, del presente, reales e irreales". É un repaso a 150 anos de animais na nosa cidade. Desde o can Nerón da familia Barrié (ano 1877) ata as mascotas actuais. Pero tamén se recollen os animais que non foron mascotas e si "traballadores" nun ou outro sentido (de carga, de tiro, de paseo, militares…). Por suposto os que nos serviron de alimento. Imperec [...]

Debido ao éxito da visita ao castro de Elviña do pasado 15 de setembro, repetiremos esta experiencia o venres 20 de outubro pola tarde (17:00). Visita especializada, guiada por Felipe - Senén. Paseo no que nos adentraremos na historia das pescudas arqueolóxicas, nos problemas de pasado e presente de tan singular xacemento arqueolóxico, entendendo as condicións xeoestratéxicas do que poido ser Brigantia, as súas orixes na Idade do Ferro, así como o longo proceso de romanización, as construcións, [...]

O xoves 19 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "EL COSMOS ENTRE EL MITO Y LA CIENCIA" Todas as culturas imaxinaron narracións míticas e fantásticas para pretender explicar a orixe e funcionamento do universo ata que, co avance da ciencia, todas esas fábulas mitolóxicas foron cuestionadas e esquecidas.Nesta charla veremos, con todo, que no noso mundo actual aínda se cont [...]