Actualidade


O xoves 11 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre os distintos procedementos utilizados para medir o paso do tempo e do permanente intento das relixións para poñer o tempo ao servizo dos seus deuses. A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar af [...]

O xoves 21 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a tradicional despedida do ano. Ocasión para o encontro, para a celebración, onde expresar desexos de agradecemento, saúde, paz e ben a todo iste noso mundo. Máis aínda a quen confiou en nós e nos dedicaron o seu tempo e mesmo ilusión propagando humanismo e ao longo do ano adentrándonos polo universo Galiza, mesmo polo mapamundi para coñecer e querer o milagre da vida. Momentos para escoitar propostas futuras de actividades, comp [...]

O vindeiro martes 19 de decembro a Agrupación Cultural O Facho celebrará o seu 60 aniversario (1963-2023), acto para o cal contará coa presenza de: ·         Xulio L. Valcárcel, poeta e ex-presidente d’O Facho. ·         Manuel Lourenzo, dramaturgo e fundador do Grupo de Teatro d’O Facho. ·         Miro Casabella, músico, compositor e estudoso da música [...]

O domingo 17 terá lugar una nova xeira da serie "Coñecer Galicia", a derradeira do ano 2023 e que levará aos asistentes ao universo literario da Ría de Arousa: dende as Terras de Valga e o mundo da Bella Otero, pasando polas Torres do Oeste e Catoira, ao Rianxo de Castelao, Dieste e Paio Gómez Chariño... Un mar de arqueoloxías, de historias, de contos, lendas e poesías, entre castros, arquitecturas, esculturas, espazos de contrastes onde, entre luces e sombras se terá presente tamén a Valle Incl [...]

Xeira da tarde do sábado 16 de decembro, de 16 a 20 horas que nos levará dende A Coruña ao Pazo de Mariñán, con visita tanto do interior como dos xardíns de tan singular enclave. Recorrido no que se analizará a historia do pazo, con orixes que se perden na fidalguia das Mariñas, trunfando no Barroco... Análise do continente e dos contidos artisticos que atesoura este conxunto, así como as particularidades do xardín, horta, bosque... as funcións, a rehabilitación e revitalización desta representa [...]

O venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga , 22 - A Coruña) o encontro literario - artístico “Café com Português”, un espazo dedicado a literatura en galego-portugués, promovendo encontros con escritoras/escritores e artistas en xeral para celebrar a coraxe e a singularidade das voces que contribúen para a grandeza da nosa lingua. Estará connosco as escritoras Iolanda Aldrei (Galiza), Célia Evaristo (Portugal), Inma Doval (Galiza), Katia Marchese (Brasil), K [...]

O xoves 14 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a crenza de que todo o universo está conectado e que os feitos que teñen lugar no ceo son un reflexo do que ocorreu ou ocorrerá na terra. A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas das estrelas nas antigas culturas e no cristi [...]

O venres día 1 de decembro este colectivo, realizará unha visita guiada ao Museo de Arte Sacro da Coruña: analizando o interese do seu contexto urbano, o adro da Colexiata de Santa María do Campo, o seu continente arquitectónico, obra do arquitecto Gallego Jorreto; os contidos, obxectos liturxicos, imxinería... a historia... O punto de encontro será diante da fachada do propio museo (Rúa Porta de Aires, 23) ás 13 horas. NOTA: Prazas limitadas, polo que é preciso anotarse previamente en Portas Ár [...]

O xoves 30 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo) a proxección do minidocumental (20 min.) "DERRUBANDO XIGANTES. Amil, unha historia de loita polo Patrimonio Histórico" a posteriori haberá un debate con Lucas Andión, da plataforma Amil Sen Eólicos. A construcción de un polígono eólico no Acibal está a destruír petróglifos semana tras semana. O documental narra en primeira persoa a loita da veciñanza de Amil por deter esta barbarie, contra Vento e Marea.

Xa está aberta a inscrición para participar nesta xeira que nos levará polo ribeiro do Miño ata Ribadavia. Como insistía Otero Pedrayo hai cinco ribeiros: o do Avia, o do Miño, o do Barbantiño, o do Arenteiro e o do Arnoia. Nesta ocasión iremos por Maside a Punxín e dende esa parroquia que garda as reliquias do San Vintila a Mugares, núcleo de interesante igrexario e pinturas murais renacentistas... pasando por Toén, concello onde lembraremos aos antepasados da escritora Carmen Martín Gaite. Seg [...]