Actualidade


O ESTADO DA CUESTIÓN DOS MUSEOS DE GALICIA E "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2021" Neste singular martes, ás 20 horas, en "Portas Ártabras" teremos un acto no que Felipe-Senén introducirá ao "Estado da cuestión dos Museos Galegos", en relación cos presupostos da nova Museoloxía como ciencia do Museo e da súa xestión. Acto no que estará moi presenmte o lema proposto polo Organismo Mundial de Museos (ICOM): "Recuperar e imaxinar", na busca de solucións innovadoras arredor da cultura como motor de ideas d [...]

O xoves 13 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do álbum ilustrado "Nación Mar" de Xosé IglesiasNo acto falarán Xurxo Souto e o representante da editorial Bululú Xosé Duncan, ademais do propio autor do libro. Aforo limitado, e preciso reservar no teléfono: 630930298 Xosé Iglesias Lamela, Cée, Costa da Morte 1974 é un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó , e toda unha vida tendo o océ [...]

O xoves 6 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "Lugar de Incendios", de Paco Souto e Serxio Moreira. Aforo limitado, é imprescindible reservar plaza no 630930298 O recital:Os recitais-presentación de Lugar de incendios consisten na posta en escena do recital concibido por Paco Souto e Serxio Moreira contando coa participación de figuras diversas da literatura galega actual poñendo voz aos textos de Paco Souto. Nesta ocasión contamos coa participación de Sonia And [...]

O xoves 15 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de Xurxo Souto: "O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS". Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso reservar no teléfono 630930298. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se ll [...]

O xoves 8 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Pastora Veres: "Lareira de Soños" No acto intervirán Felipe Senén, historiador e museólogo, presidente da Asociación de amigos dos Museos e a autora do libro, Pastora Veres. Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterables. Lareira de [...]

Por Felipe-Senén Nas calendas de Abril, isto é o  primeiro día deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras góticas galgas, entre estadas e grúas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostelá  a colocación dos simbólicos linteis do Pórtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren á tumba dun Apóstolo íntimo de Cristo, onde converxen os vieiros que van configurando a Europa dos pobos.  Data e feitos que Mateo constata en epígrafe baixo as col [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]

O Xoves 4 de Marzo ás 19:30 terá lugar en "Portas Ártabras" a conferencia, ilustrada de imaxes, impartida pola Historiadora da Arte e técnica de Xestión Cultural Rosario Sarmiento: "A Guerra e o seu relato na arte contemporánea de Galicia". Creador@s galeg@s de todos os tempos, sensibilizados cos motivos e os efectos das guerras, moitos deles que as viven en carne propia, non deixaron de facer un arte de vangarda, militante, comprometido coa Paz, coa Liberdade e coa verdadeira Historia da Arte.. [...]

Fai un ano, no 2020 e por este tempo festivo que abre á primavera un representativo grupo de Amigos dos Museos de Galicia facíamos un recorrido antolóxico a través do Entroido galaico-portugués : o Bolo, Bragança, Podence, Santulhao... Monterrei, a Limia..... Mal coñecíamos o que acontecería despois e os retos ante os que nos enfrentamos hoxe e dos que algo aprenderemos, non queda outra que acudir á cultura que saber e responsabilidade para protexerse un e aos demais. Así que, coutados. acudimos [...]

Como ao inicio de cada ano ofrecemos un programa de intencións. Algo feito sen concretar, en base a unha longa experiencia e agora sometido ao couto das circunstancias que nos toca vivir. Aprenderemos a lección e sacaremos conclusións pra conviencia e a solidriedade.Polo de agora, sabedes, que o noso espazo de cultura "Portas Ártabras" sigue aberto, á espera, a calcara pregunta e desexando recomezar, con máis ansias e mellor que antes.Saúde. Programa 2021 Actividades Amigos dos Museos de Galicia [...]