Actualidade


O xoves 14 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a proxección do documental "As miradas de Isaac" comentado pola Historiadora da Arte, Iria Friné Rivera. Peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Un documental creado a partir de materiais de arquivo, na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma ra [...]

O xoves 7 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia da arqueóloga Ana Isabel Filgueiras titulada: "CORME, TERRITORIO SOBRENATURAL. Mitoloxía, toponimia e tradición oral" Aforo limitado. E preciso reservar no 630 930 298 A conferencia aborda os resultados do estudo realizado en Corme no ano 2018, promovido pola Concellaría de Patrimonio do Concello de Ponteceso (Coruña), no ámbito territorial das parroquias de Nosa Señora dos Remedios (Porto), San Adrían de Corme, San X [...]

O xoves 30 de setembro ás 20 horas en Portas Ártabras o guía e actor Suso Martínez interpretará a Eduardo Pondal: "UN BARDO PARA OS CELTAS, OS DOS CORPOS BEN COMPRIDOS" Suso Martínez propón un percorrido por un universo de xigantes, de fadas que coñecen os misterios dos megalitos, e de bardos contadores de epopeias. O Universo de Pondal, das celtas Eirín e Ullín, que se transformará en identidade dun País con Queixumes dos pinos. Aforo limitado, é preciso anotarse no 630 930 298.

COÍMBRA: ARQUEOLOXÍA, HISTORIA, ARTE, LITERATURA, ETNOGRAFÍA…. Características para unha viaxe que nos adentra na cultura galaico-portuguesa Esta xeira está pensada para os primeiros dias de outono, e nada mellor que Portugal e unha cidade próxima a Galicia na sua historia e na cultura, Coímbra. Nostalxia, fado, poema, conto… trátase de coñecer en fondura a cidade: a arqueloxía da “Aeminium” romana, coma unha homenaxe a procedencia de Caio Sevio Lupo, o arquitecto da Torre de Hércules. Labirinto [...]

O xoves 23 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do escritor e mestre Xesús Torres titulada: ÁLVARO CEBREIRO (1903- 1956) CARICATURA, HUMORISMO, ILUSTRACIÓN. Aforo limitado é preciso reservar no 630930298 Xesús Torres Regueiro (Betanzos, 1957). Diplomado na Escola de Formación do Profesorado da Coruña en 1978. Mestre por oposición desde 1979, traballou no ensino público durante trinta e oito anos ata a súa xubilación, compatibilizando a súa profesión coa dinamizaci [...]

O xoves 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do Arqueólogo e profesor da Univesidade de Oviedo, Diego Piay Augusto "UNHA ARISTÓCRATA GALEGA ANÓMALA; A PERIPECIA VITAL DE MARÍA VINYALS E FERRÉS" A conferencia centrarase na vida de María Vinyals y Ferrés, cuxa vida se desenrolou entre Soutomaior, Madrid, Cuba e, en menor medida, Córdoba. Trátase dunha muller mol destacada no seu tempo, e a ela debemos dous libros (El Castillo del marqués de Mos en Soutomaior, 190 [...]

Ante o lamentable abandono de continente e contido do Museo Carlos Maside de Sada proponse urxir a súa inclusión como BIC Dende o ano 2016 e por diferentes organismos, institucións e colectivos culturais de Galicia argumentouse e solicitouse ante as administracións - ás que involucra na salvagarda do Patrimonio Cultural o artigo 46 da Constitución Española -  incoar expediente para a declaración de BIC, do Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside (o Castro de Osedo, Sada). Argumentada so [...]

O xoves 9 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Adela Figueroa Panise "AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA", editado por Laiovento. No acto, ademáis da autora participarán: Carmen García Rodeja; voceira da ARMH (Asociación da Recuperación da Memoria Histórica) en Galicia, Isabel Mao; descendente dunha das mulleres a que se fai referencia no libro, Felipe - Senén; Presidente de Amigos dos Museos de Galicia e Xurxo Souto animará o acto coas s [...]

Volvemos... Retoma os camiños e a ilusión, esperámoste Sempre tivemos as Portas Ártabras abertas, esperándote. E agora, en Setembro e na medida que se normaliza a cuestión volvemos á actividade colectiva e continúa. Xa en programa están prefixadas as seguintes actividades. Inscríbete. Outras iranse incorporando na medida das circunstancias ·       Todos os XOVES: Leccións sobre a Cultura Galega:  -2 Setembro:  “Compostela e os seus Camiños” (Felipe –Senén) -9 Setembro:   ”As mulleres na guerra”  [...]

As Portas Ártabras  seguiron e siguen abertas nos horarios de costume de 19 a 21 todas as tardes, agás os sábados que abrimos de 12 a 14 e os domingos pechamos. Tivemos en exposición unha serie de fotografías que documentaban a actividade de Chamoso Lamas en difíciles anos no que respecta  ao estudo, rehabilitación e revitalización do Patrimonio Cultural.  Meses pasados de maior prudencia no que  foron moit@s  @s que nos visitaron e agradecémolo ben, entendido como un xeito de manter acesa a esp [...]