Actualidade


O martes 22 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participará Miguel Anxo Bastos Boubeta, quen falará dentro do ciclo, Economia, História e, Realidade Social. A sua palestra versará sobre: “O futuro da Galiza desde umha perspectiva da Direita Galeguista”

LETRAS ORFAS de AFRICA COLL, creacións pictóricas en Portas Ártabras até finais de marzo de 2022.  Esta mostra realizada en colaboración coa Fundación Vicente Risco de Allariz e que ten como punto inspirador, de partida , a historia de Manuel Blanco Romasanta, "o Home Lobo": a súa contorna e as cartas que supostamente escribiu, entendidos como territorios inexplorados. Africa Coll é unha artista española establecida en Suecia.Traballa principalmente con pintura, fotografía, vídeo e instalacións. [...]

En varias sesións que terán lugar os xoves, a partir do día 10 de febreiro e ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén, tratará aspectos que singularizan a cultura galega. Interaccionará épocas con autores, actores, creadores, tendencias como a celtofilia e a celtofobia en relación co acontecer en Europa e en especial co occidente atlántico. Comezarase por analizar a idea cultura, máis alá das liturxias e do fenómeno comercial ao que hoxe se ve sometida. Entendendo a cultura como un valor de [...]

O martes 8 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participará Carlos Garrido Rodríguez, quen falará dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. A sua palestra versará sobre: “Publicar em galego na Galiza, Portugal, Brasil”

Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" - o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie "Coñecer Galicia" Luns: Video-proxeccións sobre arte.Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural "O Facho"Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras [...]

O venres 17 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "MEMORIA E LEGADO DOS PETRÓGLIFOS" de Ramón Sobrino Lorenzo - Ruza. Acto organizado por Colectivo A Rula. Con este proxecto queremos achegar unha mostra fundamental da riqueza da nosa arte rupestre, dende a “óptica” dun dos grandes arqueólogos do século XX, Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, que dedicou boa parte da súa vida a documentar de forma gráfica o noso pasado dun xeito rigoroso pero tamén p [...]