Actualidade


O mércores 23 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) a conferencia de Andrés García Pascual titulada "GALICIA S.XIX. OCUPACIÓN FRANCESA. LAS CARTAS, ESOS DOCUMENTOS HISTÓRICOS". García Pascual, coruñés de pro, é un recoñecido filatelista e historiador do universo postal, reunindo unha importante colección. Sobranceiro e mesmo imprescindible entre filatelistas de todo o mundo. Nesta conferencia abondará sobre os documentos, especialmente cartas, do tempo d [...]

O venres 18 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia de Rafael López Loureiro (mestre da escola de Cedeira, é o principal impulsor do Samaín), titulada: "ANTÓN DE GARAY... PIRATA TEMERARIO OU VÍTIMA XUDICIAL?". Unha nova interpretación desta figura histórica á luz da lectura completa do seu proceso. Unha historia coruñesa, vasca e cedeiresa acontecida entre 1509 e 1510.

O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: "ESCONXUROS". No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor). Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperia [...]

Ás 19 horas na Fundación Cuña - Casasbellas (Rúa Xerardo Álvarez. Limeses, 12, PONTEVEDRA) unha representación de Amigos dos Museos de Galicia entregará ao historiador da arte e museólogo Carlos Valle, o Premio Pedra do Destino 2022, concedido pola súa traxectoria profesional ao frente do Museo de Pontevedra, institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo na: recuperación de obra significativa, estudo, conservación, documentación, exposició [...]

O xoves, 3 de novembro, ás 20 horas terá lugar no Espazo Cultural Portas Ártrabas (rúa Sinagoga, 22, baixo) o acto de presentación do libro do poeta Luis Suñén "Como néboa que entra". É unha antoloxía bilingüe castelán-galego, editada por Medulia. A selección e tradución dos poemas foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.

O xoves 20 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Santiago Juega Puig: "PERIPLO AL MALUCO. LA CASA DE CONTRATACIÓN DE ESPECIERÍA. A CORUÑA, 1522 - 1529" En 1522, tras o regreso de Elcano a bordo da nao Victoria, Carlos I creou na Coruña a Casa de Contratación da Especiería, coa intención de centralizar toda a actividade coas Illas Molucas. Partiron tres expedicións: Esteban Gómez (1524-1525), Loaísa-Elcano (1525-1536) que conseguiría realizar a segunda c [...]