Actualidade


O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda...non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras... e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra... unha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos cargado de sorpresas, trasnos... a Galiza das encrucilladas [...]

O xoves 22 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras, o escritor e profesor de Ciencias da Educción da Universidade da Coruña Héctor Pose presenta "MUXOS" (Hércules ediciones), novela que obtivo o accésit no I Premio de Novela Asubío da Fund. María José Jove. "Muxos" é unha novela curta que apela á sensibilidade cara á aquelas persoas que que son estigmatizadas por algunha razón, converténdoas en invisíbeis. Prosa exquisita nun nobelo de historias onde o mar está omnipresente no devalo dos días [...]

Na tarde do domingo 11 de decembro do ano 2022, finou na súa casa da Cidade Vella Francisco Peña Dono. Dende estas páxinas queremos deixar constancia do máis fondo agradecemento por ter deixado na nosa asociación, como fundador e mesmo como directivo, boa parte da súa vida e de moitas ilusións compartidas: en viaxes por Galicia, polo mundo e en actividades no noso e seu espazo de cultura "Portas Ártabras". Sempre en estreita colaboración, mesmo até os seus derradeiros días. Queremos facer chegar [...]

O xoves 15 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor de "LA OTRA NAVIDAD", coa proxección de arredor dun centenar de imaxes explicará as escenas e personaxes que se esqueceron ou eliminaron do Nadal, pero que deixaron a súa pegada nas obras de arte. Actividade enmarcada dentro do ciclo: Paganismo e Relixión na Arte. Entrada libre ata completar aforo.

O mércores 14 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o encontro con Xurxo Mares, no que se presentará o seu segundo libro "Bailando el agua" (2022) é un libro autoeditado que repasa as décadas dos 70, 80, 90 e ata hoxe na Coruña, xa noutro contexto e outras peripecias propias da idade do narrador, música, publicidade, La Voz de Galicia, Antena 3 de Galicia, dobraxe, cine (cortos e largos), teatro ou televisión (series), Discos Portobello, El Linar, el Cine Goya, Casa Enrique o El [...]

Con esta xeira poñemos fin ao ciclo 2022. Ano no que, depois da pandemia e segundo as posibilidades, fumos retomando o camiño de "Coñecer Galicia", furar no seu espírito para querela e defendela. Para esta ocasión e ampliando o programa, ofrecemos un itinerario baríl, como dirían os afiadores, pois tamén imos á terra destes trotamundos. Recorrido que por "Terra da chispa", Luintra nos levaría ao gran mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, unha lección de historia da arte e da cultura galega. Pa [...]

ATENCIÓN SEÑORA, xoves 1, Portas Ártabras (A Coruña), ás 20 h. Volta ALDEA TERREMOTA! “A aventura de Chumín, gaiteiro contratado nunha aldea na que a ninguén lle acorda que é o día da festa”. Sesión dramática sobre as fotografías que fixo Pablo Gallego en 1997, coa música de Xoán Creus, e o retorno de Sofía de Labañou ! Xurxo Souto, “XX anos de literatura”, CELEBRACIÓN !

O mércores 30 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) terá lugar a conferencia do escritor Miguel Anxo Fernán Vello titulada:"MARÍA CASARES, CORUÑESA, GALEGA E UNIVERSAL" Maria Victoria Casares Pérez , "Vitoliña" como lle chamaban os seus máis achegados, naceu na Coruña no 1922, filla de Gloria Pérez e de Santiago Casares Quiroga, Presidente do Goberno de España na II República. Familia que viviu unha intensa vida marcada fondamente pol [...]

A partires da década dos oitenta, acolléndose a argumentos históricos, potenciase a Ribeira Sacra con canto ela significa de paisaxe natural e cultural. Territorio repartido entre as provincias de Lugo e Ourense, elixindo como centro neurálxico Monforte de Lemos. No 2019 poténciase a súa candidatura á declaración de Patrimonio da Humanidade. Os argumentos para tal potenciación e denominación parten do 1124, tal como aparece no documento da fundación do Mosteiro de Montederramo: Rivoira Sacra , n [...]

O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]