UNHA AMIGA QUE QUEDA NA NOSA HISTORIA: SALETA GOY


Dende os inicios da nosa Asociaciòn, Saleta acompañounos en moitas actividades e viaxes por Galiza e polo mundo. Hoxe, 18 anos e un día despois do pasamento do seu compañeiro Manuel Maria sentimos e compartimos a súa perda. Acompañamos o comunicado da Fundaciòn Manuel Maria, dinámica e modèlica instituciòn, o seu empeño final, cumprido con éxito pra dignidade e honra da literatura e da cultura de Galiza:

Comunicarvos a triste nova de que este serán (sábado 10 de setembro) faleceu Saleta. Os seus restos serán velados mañá domingo no tanatorio de Servisa da Coruña (frente ao CHUAC). O luns levaranse a Outeiro de Rei, alí, na Casa-Museo Manuel María, ás 17 horas, levaremos a cabo unha despedida homenaxe previa á sepultura, que será ás 18 horas no cemiterio de San Xoán de Outeiro de Rei.