ADULTERAR O PLAN DO MUSEO VALLE -INCLÁN DA POBRA, ENTRE OUTRAS CHAPUZAS


Cando se fala á lixeira de crear museos, de musealizar e de plans expositivos, non sobra seguir a explicar o que é un museo e a museoloxía como ciencia da xestión destes centros. Museos dque se prentende de actores máis que de espectadores, en función da ética e da estética, tamén das novas tecnoloxías: centros para informar e formar, en constante evolución .

E sabemos que non é fácil crear un museo real – fronte ás campantes virtualidades – con canto aquel implica de continente, de contidos e de función social: conseguir espazos axeitados, adaptalos, facerse con artefactos orixinais que nos axuden a complementar o crevacabezas da historia, a estudialos, documentalos, seleccionalos, a expoñer e explicar cunha secuencia lóxica ou, en todo caso conservalos entre os fondos en reserva para futuras exposicións.

En fin, entender o museo cunha misión de sensibilizzación, para atraer aos de dentro e aos de fora, pra ser referente, como na Proba do Caramiñal ven sendo o Museo Valle- Inclán, o pazo que nunca tivo, quixo ter e por fin, agora ten a memoria de don Ramón María del Valle-Inclán. Ese espazo son as renacentistas Torres de Bermúdez, noutrora mirando a ise seu mar de Arousa, estrutura soberbia onde acoller o “genius loci” , as misteriosas sombras do espírito do creador dos esperpentos. Referentes, recursos identitarios e turísticose cos que , non sempre, se ten sensibilidade pra dialogar con eles , entendelos e respectalos.

 Si o difícil é crear o fácil é destruír, enchafallar, chringuitizar, adulterar os argumentos orixinais, os que determinan orixinalidade, como é o que parece está acontecer co plan e a traxectoria do Museo Valle-Inclán da Proba, tampouco é o único caso en Galicia.

Partimos do principio de que tan “culto” é o xeito de facer como o xa  feito. Entendendo que non se debe intervir, cando un profesional dos que profesan o que fan, como é Antonio González Millán, director do Museo estando de baixa por enfermidade, non se consulte, se ignore o plan museográfico, pra, aproveitándose da súa eventual ausencia, dende os poderes públicos municipais, se desmonte o montado con criterio e se  instale algo que non encaixa cos fins, nin co criterio profesional, o que ben puidera ter sitio máis axeitado noutros espazos.

Museo de Valle- Inclán da Proba do Caramiñal no que, deica aquí, se ven gastando saber e sensibilidade coa ansia de devolver a don Ramón del Valle-Inclán – ise xenio que coloca a Galicia, á Barbanza e a súa ría no mapamundi, –  o seu “locus amoenus” ,  á cerna da súa inspiración, o lugar de ida e volta.  Torre-museo  que non soamente son referente, senón que ao albeiro da luz desta torre-faro naceron e compiten moitas outras iniciativas. Aquí maduran aquelas vellas ilusións, as que lle temos escoitado a leais “barbanzónicos” , entre eles a Carlos García Bayón. Nesa tarefa de construír, Antonio González vixía e procura canto pode enriquecer este centro, atrae e implica á familia Valle-Inclán, adquire, faise  con legados pra incorporalos  a un proxecto museográfico coherente e niso sigue, pese ás pedras do camiño.

Pero velaí, topamos coa aculturación campante, mesmo coa ignorancia, causas que teñen os seus efectos. Pois a cultura ou a incultura lévase posta e esta denótase na falla de sensibilidade, na chapuza, nos intervencionismos, nas “tonechadas” oficiais, interferencias fronte á profesionalidade…e velaí iso que chamamos feísmo e que tanto abrangue a estruturas, como a comportamentos e tantas veces ás mesmas administracións. Así que polo que enxergamos  aínda alguén non se entende a misión dun Museo dedicado a Valle- Inclán e velaí  o elefante que entra na cacharreiría.

Non é novo o problema nesta Galicia nosa, onde dende os poderes públicos , edulcorados na adulación, son capaces de exerce certa tiranía, tinxida de “democrática”,  e prolongan a súa parva ilustración ao territorio público, mesmo aproveitando os momentos baixos dos profesionais, Tan sequera sen saber o seu papel entender que o máis listo é o que teñen o teléfono de todos os listos. E Antonio González é a peza axeitada nese taboleiro de xadrez.. A il pódese aplicar o dito  de “que buen vasallo si oviesse buen señor

Sabemos que o que está de ser será, que ao fin e ao cabo a profesionalidade vence e que “ el que más vale, no vale tanto como vale Valle”, un teimudo profesional das letras.

Felipe-Senén López

(Museólogo)