XOVES 30 DE XUÑO: CONFERENCIA DE FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ GARCÍA: “O CABO E O PORTO DOS ÁRTABROS. RELENDO A COSTA GALEGA NA ANTIGÜIDADE.”


O xoves 30 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22- A Coruña) terá lugar a conferencia do Doutor e Profesor de Historia Antiga da USC Francisco javier González García titulada: “O CABO E O PORTO DOS ÁRTABROS. RELENDO A COSTA GALEGA NA ANTIGÜIDADE.”

BREVE CURRICULUM: Francisco Javier González García (A Coruña, 1964). Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor Titular de Historia Antiga no Departamento de Historia da USC e Investigador do Grupo Síncrisis. Investigacións en formas culturais da mesma universidade. A súa formación como investigador tamén se desenvolveu no “Centre Louis Gernet” de París, durante a súa etapa predoctoral, e no Laboratoire “Archéologie et Sciences de l’ Antiquité” da Maison de l’Archéologie et l’Éthnologie René Ginouvès da Université de Nanterre-París X (Francia) como investigador postdoutoral. A súa investigación, caracterizada por levar a cabo unha aproximación antropolóxica ao estudo das sociedades antigas e protohistóricas, plásmase en varias decenas de traballos, entre libros, capítulos de libros e artigos, publicados tanto en España como no estranxeiro, e entre os que, pola súa relacion co tema da conferencia, podemos destacar o seus libros Os ártabros. (Ourense, 2003), Los pueblos de la Galicia céltica (Madrid, 2007) e Celtas, castrexos e romanos (Vigo. 2021).