XOVES 2 DE XUÑO: LOIS LADRA PRESENTA O PROXECTO CORGORAL


O xoves 2 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, O arqueólogo Lois Ladra presentará o proxecto CORGORAL, unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no Concello do Corgo.

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específica na que iremos dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias… Tamén recuperaremos imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar… Vellos oficios, festividades cíclicas anuais,  romarías, procesións… E pouco a pouco, de vagar pero sen folganza, iremos creando toda unha ampla e pormenorizada cartografía cultural corguesa.

Entrada libre ata completar aforo.