DOMINGO 15 DE MAIO: XEIRA A MONDOÑEDO


Esta aberta a incripción para participar nesta xeira que levará aos asistentes a coñecer os inspiradores misterios de Mondoñedo e da súa bisbarra: a súa Catedral e museos, as novas iniciativas en relación co creador literario Álvaro Cunqueiro. Para seguir cara Vilanova de Lourenzá e adentrarse en historias do Conde Santo, de Pardo de Cela, do sorprendente relicario dese magnífico templo e mosteiro no que Casas Nova ensaia a fachada do Obradoiro Compostelán….E nas horas da tardiña seguir os antigos camiños célticos, os que no século VI fixo o bretón Maeloc seguido sos seus, iso é os vieiros de Bretoña ….cara a Meira.

E como sempre non faltará o xantar enxebre, conversas con xente singular, historias e fantasías arredor de adros, corredoiras e cimeterios onde os vivos saben dialogar coas fantasmas do Trasmundo. Lease a Cunqueiro.