XOVES 10 DE MARZO: PRESENTACIÓN DE “TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL” E “EL DEFENSOR”


O xoves 10 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación dos libros “Testemuño da Guerra Civil” de Isabel Ríos, así como de “El Defensor” de Manuel Romero Mengotti.

Presentará Testemuño da Guerra Civil o traductor do libro ao galego Xosé Antón García Ferreiro e visionaremos videos con entrevistas a Isabel Ríos e ao fillo da autora, Manuel Calvelo, que finalmente non pode asistir ao acto.

A Continuación Manuel Romero Mengotti presentará “El Defensor”

TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL

É o relato íntimo dunha vida de compromiso cos demais. Por momentos parece a transcrición dun relato oral feito pola autora, pero os seus netos lembran o ruído da vella máquina de escribir na casa tras a súa volta a Madrid.Despois de fuxir de golpes militares en España, na Arxentina e Chile, Isabel deixa constancia no seu libro das tres grandes traizóns que marcaron a súa vida: a dos militares que derrocaron a República española, a dos Aliados que non interviñeron contra Franco tras a Segunda Guerra Mundial, e a que para ela supuxo a transición á democracia tras a morte de Franco. Á súa expulsión do PCE  non lle dá máis importancia que á da vinganza duns dirixentes mediocres e burocratizados. Isabel morreu botando en falta Galicia e convencida de que, de volver nacer, faría o mesmo.

Ríos Lazcano, Isabel
Naceu en Curtis en xullo de 1907 e morreu en Madrid en xuño de 1997. Foron case noventa anos dunha vida dura e militante. Casada co médico Manuel Calvelo, un destacado alumno do doutor Nóvoa Santos, militou no PCE ata que a expulsaron por cuestionar a dirección. O matrimonio foi condenado a morte polos militares golpistas, aínda que só foi asasinado Manuel. Isabel, tras pasar sete anos en cárceres franquistas, marchou á Arxentina cos seus dous fillos. Tras fuxir doutros dous golpes militares, na Arxentina e Chile, volveu a España poucos días antes da morte de Franco.

EL DEFENSOR

“Mi libro El Defensor es el resultado de varios años de investigación sobre los diez consejos de guerra en los que mi padre, Gonzalo Romero, defendió a 96 ciudadanos entre julio de 1936 y junio de 1937. De estos, 29 fueron fusilados. Entre los defendidos se encontraban Paco Comesaña (el Dr. Da Barca de O Lápis do carpinteiro) Florentino del Río, el radiotelegrafista de Muros, y el Doctor Calvelo. Para mi ha sido una gran emoción poder abrazar al hijo de Calvelo, a cuya madre, Isabel Ríos, le fue conmutada la pena de muerte sentenciada, y que posteriormente escribió un interesantísimo testimonio sobre aquellos desgraciados acontecimientos.”