XOVES 3 DE MARZO: FELIPE SENÉN INTRODUCE Á CULTURA GALEGA


O xoves 3 de marzo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a última das conferencias introductorias á Cultura Galega

O arqueólogo – museólogo Felipe – Senén, interaccionará épocas con autores, actores, creadores, tendencias como a celtofilia e a celtofobia en relación co acontecer en Europa e en especial co occidente atlántico. Comezarase por analizar a idea cultura, máis alá das liturxias e do fenómeno comercial ao que hoxe se ve sometida. Entendendo a cultura como un valor de uso, en función das tradicións, das creación e das relacións con outros pobos, como sulución a problemas que presenta o espazo, o tempo e mesmo a convivencia, o acontecer histórico. Clases que serán acompañadas de imaxes.

Acompáñanos pra comezar e seguir na rolda.