XOVES 6 DE MAIO: RECITAL- PRESENTACIÓN DE “LUGAR DE INCENDIOS” DE PACO SOUTO E SERXIO MOREIRA


O xoves 6 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación de “Lugar de Incendios”, de Paco Souto e Serxio Moreira. Aforo limitado, é imprescindible reservar plaza no 630930298

O recital:
Os recitais-presentación de Lugar de incendios consisten na posta en escena do recital concibido por Paco Souto e Serxio Moreira contando coa participación de figuras diversas da literatura galega actual poñendo voz aos textos de Paco Souto. Nesta ocasión contamos coa participación de Sonia Andrade, Xosé Iglesias, Antom Laia, Mercedes Leobalde, Miguel Mato Fondo, Mercedes Queixas e Teresa Ramiro.

A edición:
Lugar de incendios naceu como un espectáculo de poesía en directo con acompañamento musical. Como proxecto de publicación foi deseñado por Paco Souto e Serxio Moreira en 2009 para unha edición que nunca chegou a ver luz. Cada texto do libro vén acompañado por unha peza de arte visual feita por Souto e mais pola partitura da música coa que cada poema se acompañaba na escena.
A edición inclúe, asemade, un CD coas músicas e os textos recitados polo propio Paco Souto.
O conxunto tenta respectar o proxecto orixinal, adaptándoo no imprescindíbel para que o produto resultante sexa economicamente accesíbel para o público, tal un dos obxectivos principais das edicións de Editorial Caldeirón.

Paco Souto:
Creador polifacético, centrou a súa obra nas artes plásticas e, especialmente, na poesía prestando sempre moita atención á presentación escénica dos textos e á interacción con outras disciplinas artísticas só ou en colaboración con outras artistas. A súa obra poética foi merecedora de diversos premios. Foi tamén activista editor e activista político e cultural. Morreu en 2017 cando exercía a súa profesión de percebeiro.

Serxio Moreira:
Pianista, arranxista, compositor e docente. Participou en diversas experiencias escénicas acompañando outros músicos ou construíndo espectáculos interdisciplinares especialmente con poetas como Paco Souto ou Rosalía Fernández Rial.