CONFERENCIA DE ÁNGEL CONCHEIRO NA CANLE DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA EN YOUTUBE


O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, tivo lugar en Portas Ártabras, unha conferencia impartida por Ángel Concheiro sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN DUNHA PAISAXE GALEGA”.

Para ver a gravación prema AQUÍ

Ángel Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neixón, ambos en Boiro, así como do de Baroña en Porto do Son, do das Barreiras en Vimianzo, entre outros xacementos que fan del experimentado nestas cuestións que definen a Idade dos Metais e a Antigüidade en Galicia. Preocupado por aspectos estratéxicos defensivos, así como da actividade agrícola e gandería nestas sociedades familiares, actividades que condicionarán fondamente a paisaxe galega, mesmo ate nosos días e pese ás repoboacións forestais : as siluetas deses montes de media altura, situados de xeito xeoestratéxico, os rebordecháns “castrados”, dominando vales de ríos, agras, zonas de caza…