CONFERENCIA DE XURXO LOBATO EN PORTAS ÁRTABRAS XA DISPOÑIBLE NA NOSA CANLE DE YOUTUBE


Velaquí na canle de Amigos dos Museos de Galicia de youtube a conferencia que o fotógrafo e historiador Xurxo Lobato deu en Portas Ártabras o xoves 9 de xullo do 2020 sobre "GALICIA É UNHA FESTA" e que recolle aspectos da súa recente publicación co mesmo título. Felipe-Senén fixo a introdución a un tema que caracteriza a Galicia como país de encrucilladas e de portos, isto é de feiras, festas e romarías, orixinariamente pagáns, logo cristianizadas e dedicadas a santos, máis recentemente gastronómicas, de temática histórica…e arredor delas ritos, como  tamén os perigos da aculturación.

Para ver o vídeo de "GALICIA É UNHA FESTA"  premer en este enlace