SOLIDARIDADE DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA CON RANDE PATRIMONIO EUROPEO


En representación do colectivo de Amigos dos Museos de Galicia, o que ten entre os seus fins a sensibilización e a salvagarda do patrimonio cultural de Galicia, sumase á proposta da Asociación Rande Patrimonio Europeo de rescatar e por en valor a paisaxe cultural de Rande e a enseada de San Simón. Proposta reiteradamente argumentada polos vestixios históricos de todo tempo, pegadas non so no relativo á historia local, senón tamén de Galicia e mesmo de Europa. Contexto na actualizado ameazado polas improvisadas ampliacións e fagocitación do Porto de Vigo. Autoridade Portuaria que na actualidade promove a súa desfiguración, o demantelamento de peiraos antolóxicos da enxeñería do século XX, patrimonio de arqueoloxía industrial que supón tamén avances nesta ciencia, como exemplo a base exposta no Museo de Meirande no mesmo Rande.

Amigos dos Museos de Galicia colaborará por todas as canles posibles non soamente en divulgar devandita situación,  senón en reclamar que se active a incoación de expediente de declaración de BIC desta área, así como se de cumprimento aos decretos que defenden tan singular paraxe natural e histórico, a fin da creación  do Parque histórico de Rande, complemento imprescindible para comprender a historia portuaria de Vigo e de Galicia, a modelo doutras iniciativas Europeas, Belfast, Amberes, Liverpool, Porsmouth, Southampton…

Solidariamente

Felipe-Senén López Gómez

Presidente de Amigos dos Museos de Galicia

Porto Rande