VISITA A EXPOSICIÓN DA CIDADE DA CULTURA: “GALICIA UN RELATO NO MUNDO”


Cara finais do mes de marzo, Amigos dos Museos de Galicia realiaremos unha nova visita guiada por Felipe-Senén á Exposición Galicia, un relato no mundo. Mostra que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo. Percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. 

No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia sobranceiras pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas do mundo. O público galego terá así a oportunidade única de contemplar nunha mesma mostra obras procedentes de institucións de referencia como a Cambridge University- Parker Library, as Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford, o Museo do Prado, a Biblioteca Apostólica Vaticana, a Biblioteca de Arezzo en Italia ou o Museu Nacional de Arqueologia de Portugal.

Anótate previamente en Portas Ártabras ou chamando ao teléfono 981210101 de luns a venres de 19 a 21 horas e sábados de 12 a 14 horas e posteriormente facilitaremos o día e hora, que será unha tarde con saída ás 16 horas do Obelisco (parada bus Sporting Casino) e regreso ás 21 hras. aproximadamente.