MÉRCORES 19 DE FEBREIRO: VISITA A ESCOLA DE CANTEIROS DE POIO


Previa a inscripción, esta xeira partirá ás 15 horas da parada de autobuses do Sporting Casino (inmediata ao Obelisco), en dirección a Pontevedra , Poio, a fin de visitar de xeito integral a Escola de Canteiros, en plenas horas de clase e funcionamento: aulas de análise de pedras, química, aulas de debuxo ao natural, biblioteca, talleres, maquinaria auxiliar, instrumentos… experiencia en construcción de bóvedas, cúpulas, arcos, labras e tipos das mesmas…. esculturas conmemorativas, cruceiros, balaústres… 

Unha visita inesquecible e necesaria pra adentrarse nunha das tradicións máis significativas da cultura e da arte Galega: o mundo da pedra e dos canteiros, ancestral gremio con idioma propio, o "verbo dos arxinas"… Un oficio que ten saída inmediata, sendo moi solcitados hoxe os canteiros e escultores galegos para obras tan significativas como Notre Dame de Paris, o Capitolio de Wasington ou a Sagrada familia de Barcelona.

____________________________________________________________________________________________________

A Escola empeza a súa andadura o 15 de xaneiro de 1979 nas instalacións do mosteiro de Poio, dependente do Ministerio de Cultura. O primeiro curso comeza cunha matrícula de 29 prazas.

En 1982 pasa a depender da Deputación de Pontevedra e a partir do ano 2000 iníciase un novo proxecto con instalacións propias. Os 26.000 m² sobre os que se vai realizar a construción cédeos a Comunidade de Montes de San Salvador, con achegas das consellerías de Industria e Cultura da Xunta de Galicia. O autor do proxecto é o arquitecto Enrique Barreiro Álvarez.

A finalidade da Escola é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra.

A Escola desenvolve as súas actividades como un obradoiro de traballo artesanal en pedra, no que se combinan o ensino teórico e o práctico. Os traballos do alumnado e do profesorado van deixando pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia por todo o mundo: en Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (EUA), Nicaragua, Querétaro (México), Río Gallegos, Buenos Aires (Arxentina) ou Montevideo (Uruguai), Chile, Cuba, Alemaña, Francia, Suíza, Romanía e Portugal; así como na realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e do estranxeiro.

O alumnado procede de Galicia, doutras autonomías españolas e do estranxeiro.

————————————————————————————————————————————————————————————-