DOMINGO 23 – MÉRCORES 26 DE FEBREIRO: XEIRA AO MÁIS ENXEBRE DOS ENTROIDOS, O TRASMONTANO.


Viaxe intensamente cultural para penetrar nas esencias máis enxebres dunha festa ancestral en relación co inicio da primavera, o Entroido, e nada mellor que  escoller as terras ourensanas e transmontanas. Aberta xa a inscripción.

Saída o domingo de Entroido ás 8 da mañán dos lugares de costumbre. Seguindo o Sil cara a Quiroga, a Rúa e terras do Bolo, co Santuario das Hermidas. En Viana do Bolo veráse o tradicional desfile de folións, boteiros, peliqueiros, máscaras das serras de Manzaneda e do Padornelo… Finalizado, dirixerémonos a Sanabría, visitando o seu conxunto histórico e entorno, para de seguido e na noite chegar á Braganza,  cidade onde faremos base para os demáis días. Brtaganza , antiga "Brigantia" que garda fondas esencias culturais, históricas e etnográficas  moi en relación con Galicia, faise imprescindible coñecela a fin de adentrarnos na nosa mesma Historia: o Castelo da famosa Casa de Braganca, a "Domus Municipalis", o Museo Abate de Bacal, Igrexas, o Museo da Máscara Ibérica….Vinhais, Podence, Mazedo de Cabaleiros, Santulhao, Vimioso, …  aldeas e terras dun celebrado Entroido, carecterizado, tanto polo seu ritual como polos caretos, as músicas, sermóns, cánticos..  a queima do ídolo do Entrudo. Onde atoparemos herdos da prehistoria, paganismo erótico da romanización, así como interferencias do medievo e da mesma contemporaneidade. Entroidos propostos á UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Viaxe no que o aspecto gastronómico vai incluido, respondendo en tipismo e abundancia ás características do lugar e do tempo.

 A fin de aproveitar mellor os tres días de Entroido e a significación cultural de Tras os Montes, sumaremos un día máis para o retorno, que  será o Mércores de Cinza sobre as 22 horas.

Unha oportunidade para vivir integralmente e na máis pura esencia da tradición galaico-portuguesa do Entroido. !Apúntate xa¡

Para maís información cultural, estariamos encantados de facilitarlla e abondar sobre ela en Amigos Museos (Portas Ártabras,  Sinagoga 22, Coruña/ tf,. 981 210101)  e sobre infraestructura no noso axente: CIBER VIAXES (Federico Tapia, 41, baixo. tf.: 981216600)

Descarga o programa premendo no enlace baixo estas líneas:

PROGRAMA ENTROIDO TRASMONTANO 2020 AMIGOS MUSEOS GALICIA