XOVES 30 DE XANEIRO : PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2020


Ás 20 horas no noso espazo de cultura "Portas Ártabras", Felipe-Senén fará un recorrido polas actividades do noso colectivo ao longo do almanaque do ano 2020.  Entre outras que iran nacendo segundo as circunstancias. "Portas Ártabras" é o punto de partida, un  espazo aberto ao diálogo, á tolerencia e moi especialmente a canto significa a cultura e dende o que se proxectan  ao camiño outras actividades , xeiras recollidas da tradición da agora celebrada Xeración Nós, polos catro puntos cardinais de Galicia e mesmo do mundo. E sempre usando como medida a identidade dun país que abriu portos e camiños.

Como principio asumimos o inmenso valor dos que comparten con nós estas actividades, entregandonos o seu tempo e os seus medios , coainmensa responsabilidade que isto conleva, facer as cousas con excepcionalidade, como se merece. Son actividades abertas a todos e a todas, as idades e sensibilidades.