VENRES 20 DE DECEMBRO: DESPEDIDA DO 2019 EN PORTAS ÁRTABRAS. VIAXES, MUSEOS E CULTURA


Ás 20 horas Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2019, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2020. 

Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.