VENRES 15 E SÁBADO 16 DE NOVEMBRO: COMO SE VISITA UN MUSEO


O venres 15, ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén impartirá esta clase teorica e práctica  na que analizarán aspectos sobre como rentabilizar mellor a visita á institución do museo: visitas xerais, parciais, de grupo, familiares, individuais… adenterandose en aspectos relativos ao continente, (as arquitecturas de vella ou nova plata), así como os contidos (as obras de arte, os artefactos.)… as novas tecnoloxías aplicadas á didáctica… entre outros aspectos relativos ás funcións da museoloxía como xestión do museo:  recepción, documentación, fondos en reserva, ludoteca, actos complementarios…

 Finalmente  e mediante imaxes analizarase o estado da cuestión actual dos museos galegos.

Dentro do mesmo ciclo, xa tradicional na actividade deste colectivo, o sábado 16, ás 17 horas dende o Xardín de San Carlos, farase unha visita guida da Cidade Vella da Coruña, adentrándose na súa Historia, Arte, Tradicións, Literatura…visita sobre aspectos insólitos. Son estas actividades abertas a quen queira asistir.