XOVES 14 DE NOVEMBRO: “LOS DIOSES Y LAS MUJERES”


LOS DIOSES Y LAS MUJERES

O vindeiro xoves 14 de novembro ás 20 horas, no local da “Asociación Amigos dos Museos de Galicia” terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre "Los Dioses y las Mujeres" na mitoloxía e no cristianismo. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar a evolución do papel da muller desde as Antigüidade Clásica ata a Idade Media, época na que o cristianismo a converteu en símbolo de pecado.