VENRES 8 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA SOBRE O MUSEO ETNOGRÁFICO DE AS PONTES


O venres 8 de novembro, ás 20 horas no noso espazo de Cultura, "Portas Ártabras" o mestre, divulgador etnográfico e creador do Museo Etnográfico das Pontes de García Rodriguez, Xosé María López Ferro impartirá unha conferencia sobre os pasos dados para a formación e singularidade deste centro que recentemente abriu portas nun novo espazo na parte vella de esta vila coruñesa. 

Xosé María López Ferro sigue os pasos dados por outras sobranceiras figuras nos eidos da cultura popular, capaces de facer senlleiras o que non é capaz de facer a propia administración, sirva como a exemplar laboura de Pepe el Ferreiro en Grandas de Salime ou o mesmo Secundino García Mera no Museo Etnográfico da Capela, ou de Narciso Luaces no Meixido de Ortigueira . Iniciativas particulares de sensibilización ás que se suman colexios públicos e  cos que se vencella á mesma sociedade local.

Por esta tarefa solidaria de Xosé María López Ferro, o colectivo de Amigos dos Museos de Galicia, na xornada do 18 de Maio pasado, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS, acordou entregarlle o Premio PEDRA DO DESTINO 2019 pola súa exemplar labor. Agasallo consistente en 1500 euros para un proxecto seu, a máis do incondicional apoio do noso colectivo.

Nesta mesma xornada faráselle entrega do galardón e agasallarase ao  impulsor de tan importante iniciativa que exemplariza poñer a salvo o patrimonio rural galego.

Non faltes a este encontro.