XOVES 10 DE OUTUBRO: “DIOSES, VINO Y MUJERES”


O vindeiro xoves 10 de outubro ás 20 horas, en Portas Ártabras, terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre "DIOSES, VINO Y MUJERES" na mitoloxía e no cristianismo. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar como o cristianismo evolucionou desde crenzas mitológicas orientais e grecorromanas ata chegar no Medievo para elaborar un modelo pecaminoso do mundo.