O venres 20 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a inauguración da escultura realizada por Pepe Galán para o espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia,, Portas Ártabras titulada "ENCAIXA VOANDEIRA M1", Esta inauguración complementarase con unha exposición dos bocetos de Pepe Galán para a realización desta escultura, así como coa proxección da curtametraxe "O Combate Fértil "
O acto contará coa participación de:
Felipe Senén, director do centro.
Daniel López Abel, historiador e investigador.
Xocas Meijide, clarinetista.
Acompañados por Pepe Galán.
Horarios da exposición
Aberta do 20 de setembro ao 31 de outubro de 2019.
De luns a venres, de 19:00 a 21:00h. Sábado, 12:00 a 14:00 h