XOVES 19 DE SETEMBRO: PRESENTACIÓN DE “O NOSO CAMIÑO”, UN NOVO ITINERARIO CULTURAL DE OURENSE A TEIXIDO


Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación dunha nova guía que rememora nos nosos días a peregrinación feita  no 1927 por Risco, Otero Pedrayo, Ben cho sey ,entre outros intelectuais cara ao santuario de Teixido. Páxinas nas que se describen as características sobranceiras de cada lugar polo que pasaban. Agora repítese esta andaina, nova xente e os mesmos lugares, xa revestidos de novas arquitecturas, actividades, sensibilidades….

Acto no que particIparán:

Moncho Conde-Corbal (Editor)

Santiago Lamas (Autor dos textos)

Felipe Senén López (Arquéologo – Museólogo)