DOMINGO 25 DE AGOSTO: VIAXE POLA ARQUEOLOXÍA, ETNOGRAFÍA E POESÍA DO COUREL


Está aberta a inscripción para sumarte a esta xeira especial e tradicional no noso colectivo pro tempo de verán. Visitaremos a Hermida de Quiroga, adentrándonos no Courel polo Alto do Boi, os Vilares, Santa Icía,  Folgoso….e coma tantas veces as aldeas de Seceda e Sobrado, tan repsentativas desta serra lucense. Minas de ouro en tempos romanos, castros, soutos, vellas ermidas e solitarios camposantos… Non deixaremos de entrar nos predios  que foron do poeta Novoneyra en Parada,  hoxe Fundación onde sempre somos recibidos polos seus como vellos amigos que somos…

Dependendo do tempo cronolóxico e climatolóxico alongaremos a expedición polo corazón dunha serra na que sempre queda por enxergar e contar….E non faltará o xantar enxebre: lacón con castañas, troitas do Lor, año….e viño da Ribeira Sacra e de postre torta de castaña e queixo do Cebreiro. Un día pra entrar nas esencias poéticas da serra galega.