MARTES 14 DE MAIO, CONFERENCIA: ANTÓN FRAGUAS


Ás 20 horas nun acto organizado pola Asociación Cultural  "O Facho", o historiador da cultura Felipe-Senén López Gómez falará de ANTÓN FRAGUAS E A ETNOGRAFÍA GALEGA, ESTADO DA CUESTIÓN: paseo pola vida e obra, en tempos difíciles, de quen foi membro do Seminario de Estudos Galegos,  ponte de Castelao a nós,dedicado pois á sementeira de  canto supón a cultura deGaliza,  persoeiro que foi piar fundamental do Museo do Pobo Galego. Como sempre acto aberto a todos.