VENRES 15 DE FEBREIRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO: MONCHO VALCARCE UN DOS INESQUECIBLES


O venres 15 de febreiro ás 20 horas, terá lugar a presentación do libro  MONCHO VALCARCE UN DOS INESQUECIBLES, no acto intervirán:

Xácome Santos Gayoso

Felipe Senén López Gómez

Pilar García Negro

Xosé Ramón Cendán

Moncho foi crego de Sésamo-Sueiro, parroquias rurais que marcaron o seu compromiso cos labregos poñéndose ao seu carón contra as inxustizas que soportaron sobre todo na época da transición. Son exemplo diso as loitas das Encrobas, Baldaio, Xove, As Enchousas, Larín, Cota empresarial etc.

En todas elas Moncho estivo ao servizo dos labregos coa súa humildade, lonxe de calquera protagonismo, pero tamén coa súa firmeza.

Por iso foi perseguido, preso, golpeado, multado, acusado de atentar contra a forza pública e incluso abandonado pola xerarquía eclesiástica.

A pesar deses intentos de desprestixio de Moncho, non puideron evitar que se convertera en referente carismático das loitas agrarias do posfranquismo dende una opción nacionalista. Ideoloxía asumida como militante, sendo membro da ANPG, concelleiro do BNG e membro dos CALL e das CCLL.

Hoxe Moncho Valcaece pertence xa ao ronsel de personaxes históricos do agrarismo galego e como tal hai que recoñecelo.