DOMINGO 3 DE MARZO: XEIRA POLO “TRIÁNGULO MÁXICO DO ENTROIDO OURENSÁN””


A riqueza etnográfica de Galicia ponse de manifesto na súa variedade, proba de que é un país feito nos camiños, nos portos… Velaí como unha das mellores mostras o tempo no que renace, coa primavera, o agro, O ENTROIDO, cada bisbarra cos seus folións, coas súas máscaras…pero poucos tan ricos como o que este colectivo deu en denominar, xa vai para medio século como "o  Triangulo Máxico de Entroido". Día enteiro pra un entretido, variado e sempre diferente recorrido polas terras e aldeas  ourensáns do Bolo, Monterrei e a Limia: peliquieros, boteiros, cigarróns, madamas…músicas, a mellor gastronomía…Un día pra afirmarse en Galicia e nas súas tradicións. Apúntate sempre hai sitio pra ti.