XOVES 20 DE DECEMBRO: CONFERENCIA SOBRE ARQUEOLOXÍA INDUSTRIAL, OS MUIÑOS DE RÍO


O arqueólogo Lois Ladra, ás 20 horas en “Portas Ártabras”, introducirá á riqueza e tipoloxías de muíños de río, cos seus trebellos, técnicas de traballo, folclore e tanta incidencia na cultura tradicional galaico portuguesa. Lois Ladra é fondo coñecedor da arqueoloxía portuguesa, esa parte fundamental para reconstruir, de xeito integral, aspectos parciais da historia da arqueoloxía e da cultura galega. Autor de media ducia de libros e de varias decenas de artigos, especialista en ourivería e torques castrexos. Premio de investigación "Vicente risco", "Xesús Ferro Couselo", "Cátedra, "Raigame" e "Fermín Bouza-Brey".

Preséntanse ademáis a publicación cos resultados do proxecto de estudo e catalogación de case que media centena de muiños de auga no rio Ocreza, afluente do Texo no distrito portugués de Castelo Branco, salvados do asulagamento inicialmente previsto por unha presa que, finalmente, non se chegou a construir.

Entrada Libre.