XOVES 13 DE DECEMBRO: “EL VIOLENTO Y MUJERIEGO REY DAVID”


O xoves 13 de decembro  ás 20 horas José Luis García Dornelas,  pronunciará unha nova conferencia dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que comentará escenas pouco coñecidas da vida do rei David e de como estas se reflectiron na arte.

A charla acompañarase coa proxección dun centenar miniaturas de manuscritos que servirán para comentar como se interpretaron os textos para converter a un monarca violento e mullereiro no autor dos Salmos.