1,2,3,4 de NOVEMBRO, SINGULAR VIAXE A OPORTO E RIBEIRAS DO DOURO


Xa está a disposición de que o desexe o programa desta intensa viaxe á cidade de Oporto e ribeiras do Douro. Un xeito de adentrarse integralmente na vida, na historia e na cultura desta rexión modélica pola xestión dos seus recursos culturais. Visitas a museos de artesanías, arte antiga e contemporanea, pazos, castelos, templos, mosteiros, recintos arqueolóxicos, sen faltar as máis famosas adegas e casas de creadores e literatos tan en relación con Galicia: Camilo Castelo Branco,  Eça de Queiroz, Teixeira de Pascoaes…o pintor Amadeo de Souza Cardoso..

Recorrido que dende Oporto continuará zigzaguenado as ribeiras do Douro, entre socalcos que neste tempo outonal da postvendima ouridourean nun espectáculo único:  coñecendo os nucleos de Tarouca, Lamego, Regua, Piñao, Vila Real, Amarante… aproveitando os dias outonais con xantares en mesóns enxebres e hoteles con encanto…un xeito de penetrar nunha das rexións máis belas e con maior aporte do mundo, no apropiado e celebrado  Tempo de Defuntos.

Viaxe especial guiado polo historiador Felipe-Senén, aproveitando ao máximo – como emos por norma –  os recuros ofrecidos pola terra e o tempo (climatolóxico  e cronolóxico).

No noso axente de viaxes, CIBERVIAXES  (Federico Tapia 41. Coruña, Tfn.- 981216600) ofreceránvos máis información e o programa.

PROGRAMA POR OPORTO Y LOS PUEBLOS DE LA RIBERA DO DOURO