DOMINGO 12 DE AGOSTO, XEIRA POLA RIBEIRA SACRA DE CHANTADA


Está aberto o prazo pra sumarse a esta xeira cultural que leva por unha das ribeiras sacras máis sorprendentes, a de Chantada. Todo un día visitando as ribeiras do Miño: Asma, Pesqueira, Ribasdemiño, Belesar… Nogueira…San Miguel do Monte e o mítico Monte Faro. Espazos no mesmo corazón de Galicia, onde non so comprender “in situ”  o fenómeno da cristianización da Gallaecia, senón tamén a humanización do territorio: socalcos de viñedos, oliveiras,  soutos, carballeiras… igrexas, torres e pazos, orixe dunha nobreza de casta e rango…Ademais escenarios das andanzas do guerrilleiro “Piloto”.

Historia, arte, etnografía, lendas, tradicións enriquecerán esta viaxe fondamente cultural e lúdica,  sen faltar a gastronomía, o xantar en lugar axeitado.  Actividade que fará deste domingo de verán un día inesquecible en tempo e lugar apropiado, con amizades coincidentes en buscar e atopar a beleza da paisaxe e da paisanaxe. Súmate¡