VENRES 18 DE MAIO: DÍA DOS MUSEOS


Ás 20 horas no noso espazo de cultura, "Portas Ártabras", Felipe-Senén introducirá á significación desta xornada e á dedicación  proposta polo ICOM para este ano "MUSEOS INTERCONECTADOS, ENFOQUES NOVOS, PUBLICOS NOVOS". Si ben, previamente, farase un paseo polo estado da cuestión dos museos galegos, os máis deles sometidos e limitados pola falla de espazo e de persoal facultativo para  cumprir os seus fins, o acopio, a conservación, o estudo ou a divulgación…tamén a través das novas tecnoloxías, das redes. Un dos obxectivos é informar para formar, implicando aos espectadores como actores da súa mesma historia.

Ao final da conferencia a xunta directiva de Amigos dos Museos de Galicia dará a coñecer o "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2018", dedicado a aquelas persoas ou colectivos preocupados pola sensibilización e a salvagarda do patrimnio cultural de Galicia. Premio dotado cunha cantidade próxima aos 3000 euros, en metálico ou en bens de carácter histórico ou cultural, propios dun museo.