XOVES 10 DE MAIO: “JUDIOS Y CRISTIANOS”


Ás 20 horas Amigos dous Museos de Galicia organiza unha conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que analizará o enfrontamento que se produciu cando o cristianismo primitivo escindiuse do xudaísmo e o modo no que quedou reflectido na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.

Entrada libre