DÚAS ARCAS DE ´TESOUROS´ E UN FACSIMIL DO CODICE AZTECA DA CORUÑA


(hoxe no Museo de América-Madrid)

Móstranse en  “Portas Ártabras” dúas arcas do século XVII, unha de madeira e con tres chaves, outra de ferro con pechos secretos e trampas ante posibles roubos… Trátase de dous cofres  de “tesouros” para o trafego das indiase  que complementaban carga no ir e vir dos galeóns. Pezas en moi bo estado , dignas dun museo, como será o caso.

Con devanditas arcas móstrase o facsimil do "Códice Coruña" ou “Códice Tudela”, un  xeito de  libro, feito, seguindo tradicións precolombinas, no momento da conquista, con escenas da vida e rituais dos aztecas. Orixinal que non se sabe como chegou á Coruña, no 1947 vendido pola familia poseedora, hoxe no  madrileño Museo de América . Unha historia semellante a de tantas pezas descoñecidas relacionadas con Galicia, como o caso da Biblia Hebrea da Coruña, o Kennicot, hoxe en Oxford, unha das xoias xudeas e das que tamén se fixeron, recentemente . cotizados facsimil… E máis hai ainda.

Ambas pezas, que agora se poden ver e tocar,  que chegaron ás nosas máns pola xenerosidade de asociados do noso colectivo, serán entregadas por Amigos dos Museos de Galicia a un museo especializado no século XVII e no comercio marítimo.