benvida

Ampliar imagen
Ampliar imagen

Ampliar imagen
Ampliar imagen

... Coñece algo de nós

UN COLECTIVO QUE ENTRA NA HISTORIA

APRENDER A QUERER O PATRIMONIO CULTURAL....PRA COIDALO COMO COUSA NOSA

Benvido por querer saber quen somos e o que facemos: furar por este noso mundo, enxergar que é sentir cos cinco sentidos, máis a intución, o saber e a cultura. Todo servirá como sistema métrico para calificar cousas e acontecementos, mesmo nesta sociedade do espectáculo.

A través destas páxinas queremos sobrepasar esas teorías, ás que somos tan propensos, atraervos a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos, que é dicir coa memoria, coa Historia do ser humano e moi concetamente de Galicia.

Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que foi experimentando, consolidándose, creando amigos, iniciativas, e un espazo propio, as “Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras a Colexiata e o camarín da mítica Virxe da Estrela. Un espazo, que en momentos de limitacións como mos que tocan ofrecemos a cantos conlevan unha mensaxe como a nosa. Aválanos a nosa propia historia, con tantos amigos novos, vellos e a nostalxia dos que xa non nos poden acopañar, pero saben que están na lembranza dos que temos a fortuna de seguir.

Abrimosvos as "Portas Ártabras" , como parte do cosmos da Arte, da Historia.

VIAXAR CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

Son moitos anos de experiencia acumulada a que nos permitiu tamén facer moitos amigos, sentindo paisaxes, paisanaxes, grandes e pequenos logros das civilización e da cultura. Cada viaxe é unha historia que perdura e revive na memoria dos asistentes, en comentarios sempre óptimos. Viaxes programados  cun deseño cultural, tamén con certa complicación de itinerarios e amplitude de visitas que permitan adentrarnos na cultura dos pobos. Programas que acabarán servindo de modelo pra outras iniciativas e mellorándose nese mesmo andar.

 

Archivo PDF
2017 Programa Amigos Museos Galicia 2017
 
Descargar ArchivoDescargar

1.jpg 21.jpg 25.jpg Marzo 2008 173.jpg Marzo 2008 178.jpg Marzo 2008 188.jpg Marzo 2008 196.jpg Marzo 2008 429.jpg Marzo 2008 431.jpg Marzo 2008 445.jpg Marzo 2008 172(2).jpg Marzo 2008 470.jpg XURXO SOUTO 2013.jpg MANOLO RIVAS  2012.jpg PÚBLICO 2011.jpg PÚBLICO 2011jpg.jpg 771.jpg Jose Antonio Gurriaran en Portas Artabras. Fotografia de Xurxo Lobato..jpg Entroidos_galegos(2).jpg

novidades

Ampliar imagen
Ampliar imagen

Ampliar imagen
Ampliar imagen

..... E QUE O 2018 TRAIA SAUDE E SORTE

O Tempo do Nadal con músicas, cánticos e luces, alegra a invernía, sementa esperanzas  de ben que desexamos compartir entre todos os socios, os novos, os vellos, mesmo os que nos frecuentan de cando en vez, cada vez máis . Amig@s que tanto teñen aportado a abrir  e consolidar estas nosas Portas Ártabras , así como a compartir Galicia e o mundo e sobre todo o mellor que pode facer o ser humano a Arte.

Dende estas páxinas que, co ano 2017, caducan tamén, anunciamos  reformulacións audiovisuais, internáuticas, novedades que  expresarán e espallarán a nosa ansia de mellorar a comunicación pra que o entendemento abonde no espacio e no tempo , equilibrado  tradición e innovación.

Máis aló dos rituais e dos convencionalismos propios deste tempo, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de Paz,  a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe.

SAUDE E SORTE PRA ESTE TEMPO E PRO QUE VEN...QUE O VEXAMOS E QUE O CONTEMOS TAMÉN

 

 

 

Archivo PDF
2017 PROGRAMA AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2017
 
Descargar ArchivoDescargar

enderezo

Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´
Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella) 15001 A Coruña - Galiza - España

Información e contacto:
Teléfono: 00 34 981 21 01 01
Fax: 981 21 01 01
E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org

Web: www.amigosmuseosgalicia.org

Sede social:
O noso local,´Portas Ártabras´. está aberto en horario:
* Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas
* Sábados: de 12:00 a 14:00 horas


galería de imaxes
Portas Ártabras
Portas artabras
Actividades
Actividades
Viaxes
Viaxes


Colaboradores e patrocinadores


artigos
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia