coñecer galicia

Ampliar imagen
Ampliar imagen

PROGRAMA 2017 DE VIAXES "COÑECER GALICIA"

XANEIRO

* 26 xoves: Presentación do Programa 2017 de actividades e xeiras.

 FEBREIRO

* 12 domingo: Tradicional “Xeira da Aventura”. Os asistentes non saben a onde van. Un día de viaxe e visitas sorpresa, lúdico e fondamente cultural.

 * 26-27-28 (domingo a martes de Entroido) (saída 8 hrs.):  Tres xornadas de xeira polo Entroido e a cultura ourensán: Viana do Bolo, Laza e Verín, Xinzo e máis.

 MARZO

* 12 domingo: intensa visita á Catedral compostelán, as súa cubertas. A Cidade da Cultura e puntos míticos do que foi o  monte Libredón.

* 26 domingo : (Atención ao cambio de horario, sairemos ás 9, hora oficial) :  Viaxe aos Ribeiros do Avia e do Arnoia. Ribadavia, Cortegada...

 ABRIL

* 1 sábado: Día das Artes de Galicia, dedicado á pintora Maruxa Mallo.

* 9 domingo de Ramos:  Adentrarse nos enigmas de Ourense , ribeiros do Miño,  Castro de S. Cibrao das Las, Mugares, Moreiras...

* 18  martes: Celebración doDía Internacional dos Monumentos e os Sitios en Portas Ártabras.

* 30 domingo: Xeira pola ría de Pontevedra, os museos... Combarro, Armenteira, a Lanzada, S. Vicente do Grove...


MAIO

* 14 domingo: Xeira polas terras da Ulloa e do Deza; o Castelo de Pambre, os templos románicos...

* 17 mércores: “Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares.

* 18 xoves: Día Internacional dos Museos18 de Maio. Acto en “Portas Ártabras” e no que se dará a coñecer o “Premio Pedra do Destino 2017”.

* 28 domingo: Intensa xeira ás Médulas e novas perspectivas arqueolóxicas.

 XUÑO

* 11 domingo:  coñecer ben a cidade de Astorga...arqueoloxía, museos...

*  Segunda quincena: Antolóxica viaxe polo Sur da Gran Bretaña: Inglaterra, Gales, Cornualles...Tras o legado celta e as pegadas de Arturo e Merlín.

XULLO

* 1 Sábado: (Saída ás 4). Tarde intensa: Visita especial  a Corme, Museo Torres Pujales... e itinerario de Pondal.

* 7 - 8 - 9 (ver  programa do curso de “Pedramar” do Pindo) con subida optativa a Moa, entre moitas actividades arredor deste enigmático monte.  

* 16 domingo: Excursión e detida visita ás illas Cíes.

* 30 domingo: Xeira por terras asturianas de Grandas de Salime, os Oscos e Taramundi... Arqueoloxía e etnografía.

AGOSTO

* 6 domingo:  Intensiva visita a terras lusas de Ponte da Lima...

* 27 domingo: Antolóxica e tradicional xeira ao Courel...

SETEMBRO

* 10 domingo:  Coñecer as ribeiras do mar de Arousa, a illa de Cortegada...  Vilanova e lembranzas de Valle Inclán.

* 24 domingo: Xeira a Viveiro, Foz, Sargadelos....

OUTUBRO

*  Primeira quincena: Antolóxica Viaxe polo Mundo Persa, o Irán.

* 29 domingo: (ollo, cambio de horario, saída ás 9 h. oficial). Xeira pola Terra Cha:  Cospeito, Castro de Viladonga, Meira....

 NOVEMBRO

* 12 domingo: Monforte de Lemos, museos  e os seus arredores da Ribeira Sacra.

* Cursiño: "Como se visita un Museo".

* 26 domingo: Xeira a Vigo, adentrándose nas súas novas iniciativas museísticas .

 DECEMBRO

* Ponte festiva : intensa viaxe a Valencia e Malága, novos e tradicionais museos, megalitos de Antequera (Menga, Romeral...)

* 15 venres:  Despedida de Ano en “Portas Ártabras”.

* 17 domingo: Xeira polas Terras de Noia e Lousame. Arqueoloxía, o volframio...


Viaxes longas previstas para o 2018 ou que poden sustituir ás programadas. Trátase de itinerarios  de “deseño” cultural, fora dos programas convencionais, complementarias con itinerarios xa feitos polo colectivo:

* Xuño: Centro Italia, entre Roma e Florencia: os  etruscos

 * Outubro:    Xapón//  Perú.

 * Cidades:   Bruxelas//  Milán

* Entre outras xeiras, que incluso poden repetirse polo éxito e con grupos minoritarios, engadirse  ou substituír algunha das programadas, sempre en función da seguridade e éxito ...

* Pra o futuro: Centro Europa céltica/ Antoloxía de Arxentina / Países escandinavos....


 
Archivo PDF
2017 Programa Amigos Museos Galicia_2017
 
Descargar ArchivoDescargar

exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia