Categoría: Próximas xeiras


Presentamos un programa excepcional , antolóxico da India do Norte. Actividade tramada dende unha óptica cultural, que tanto nos mete en paisaxes sorprendentes como en templos, no sentir de relixións antiquísimas, animistas, en tradicións insólitas, como nos máis sorprendentes palacios e ritos. É esta unha expedición feita sobre outras anteriores xa realizadas con éxito polo noso colectivo. Melloramos aquí aspectos no r [...]

Intensa xeira para  burlar o caluroso tempo de verán penetrando na frescura das bidueiras das ribeiras do río Neira, paraiso ecolóxico, dende Baralla a Portomarín, pasando polas igrexas románicas de  Berselos, Santiago de Covas, a Casa dos antepasados de Fidel Castro en Armea, Láncara, Ponte Neira , Portomarín e Ferreira de Pallares...entre outros puntos e aproveitando ao máximo a luz desta longa xornada. Unha xeira a lugares [...]

Está aberto o prazo pra inscribirse nesta singular xeira polo RIBEIRO DO AVIA. Paisaxes e paisanaxes con dúas capitales, Ribadavia e Leiro. Si ben este río que crea esta bisbarra dentro dos "Cinco Ribeiros" (Arnoia, Barbanitño, Arenteiro, Avia e Miño) nace e ven das terras de Avión. Itinerario que nos levará ademáis por Banga, Cabanelas, Pazos, Berán, Beade, o entorno da Pena Corneira... San Clodio, Lebosende, Cen [...]

Amigos dos Museos de Galicia veñen celebrando dende a mesma creación polao ICOM no 1977 a xornada de cada 18 de maio como DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Motivo para sensibilizar e divulgar  sobre os fins da intitución do museo: acopiar, conservar, estudar, documentar, divulgar testemuños da cultura dun pobo, cuns fins de educación e mesmo de lecer. Con tal motivo na tarde de este sábado, ás 17 horas, e partindo dende o mesmo e [...]

Esta aberta a inscripción para vivir algo imprescindible na cultura galega: a representación do auto da Resurrección  na campa de Santa María da Area en Fisterra. Ancestral tradición en relación coa morte e a resurrecurrección de Cristo, representación teatral popular que cristianiza o culto ao Ara Solis no extremo occidente do Vello Mundo . Recorrido que, ademáis de coñecer arqueoloxías deste C [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta singular xeira, a fin de adentrarse en novos aspectos culturais que ofrece o entorno de Lalín, como a mesma arquiectura do seu concello, obra  contemporánea de Tuñón e Mansilla, ou mesmo a vila obreira das minas de volframio de Fontao...xa no concello de  Vila de Cruces... E ademáis outros puntos, como o Pazo da familia Loriga, entre outros, o entorno do mosteiro de Carboeiro, Breixa, Ansem [...]

A riqueza etnográfica de Galicia ponse de manifesto na súa variedade, proba de que é un país feito nos camiños, nos portos... Velaí como unha das mellores mostras o tempo no que renace, coa primavera, o agro, O ENTROIDO, cada bisbarra cos seus folións, coas súas máscaras...pero poucos tan ricos como o que este colectivo deu en denominar, xa vai para medio século como "o  Triangulo Máxico de Entroido" [...]