Categoría: Outras actividades


O venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga , 22 - A Coruña) o encontro literario - artístico “Café com Português”, un espazo dedicado a literatura en galego-portugués, promovendo encontros con escritoras/escritores e artistas en xeral para celebrar a coraxe e a singularidade das voces que contribúen para a grandeza da nosa lingua. Estará connosco as escritoras Iolanda Aldrei (Galiza), Célia Evaristo (Portugal), Inma Doval (Galiza), Katia Marchese (Brasil), K [...]

O venres día 1 de decembro este colectivo, realizará unha visita guiada ao Museo de Arte Sacro da Coruña: analizando o interese do seu contexto urbano, o adro da Colexiata de Santa María do Campo, o seu continente arquitectónico, obra do arquitecto Gallego Jorreto; os contidos, obxectos liturxicos, imxinería... a historia... O punto de encontro será diante da fachada do propio museo (Rúa Porta de Aires, 23) ás 13 horas. NOTA: Prazas limitadas, polo que é preciso anotarse previamente en Portas Ár [...]

O sábado 25 de novembro, ás 16 horas dende a Plaza de Maria Pita (monumento) iniciaremos un recorrido por distintos espazos da cidade da Coruña para coñecer significativos aspectos do Modernismo na nosa cidade. Repaso da obra de singulares arquitectos como Pedro Mariño, Julio Galán, González del Villar, Ricardo Boán, Fernández , López Hernández, López de Mesa, Antonio Tenreiro, Reboredo López, Rodriguez Losada... entre tantos outros que representan as novas tendencias estilísticas co emprego dos [...]

O venres 24 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación conxunta dos libros: "VERÁNS DE MISTERIO" de Tareixa Roca e o "CAMIÑO DOS FAROS (DIARIO DE VIAXE)" de Luís G. Soto editados por Espiral Maior. Amais os autores participarán no acto Manuel Castelao Mexuto (estudioso e crítico literario) e Miguel Anxo Fernán Vello (director de Edicións Espiral Maior).

Debido ao éxito da visita ao castro de Elviña do pasado 15 de setembro, repetiremos esta experiencia o venres 20 de outubro pola tarde (17:00). Visita especializada, guiada por Felipe - Senén. Paseo no que nos adentraremos na historia das pescudas arqueolóxicas, nos problemas de pasado e presente de tan singular xacemento arqueolóxico, entendendo as condicións xeoestratéxicas do que poido ser Brigantia, as súas orixes na Idade do Ferro, así como o longo proceso de romanización, as construcións, [...]

O xoves 28 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro "NON MÁIS ALÓ DAS NUBES", de Xabier M. Betanzos editado por Medulia Editorial. No acto ademais do autor participará Miguel Anxo Mato Fondo (escritor). Entrada libre ata completar aforo. Resumo: Dona Constanza, unha marquesa á que os seus fillos pretenden incapacitar xudicialmente a causa do manexo dispendioso da súa facenda foxe da súa casa cunhas poucas pertenzas que vai arrastrando nun carriño da compra. [...]

O xoves 21 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras conitinuaremos co ciclo da Crónica dunha viaxe a Grecia. Actividade que consisitirá nunha crónica , ilustrada de imaxes, realizada por Felipe Senén, da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizou na segunda quincena de xuño, con especial atención á illa de Creta, á cultura minoica e micénica, seguindo a Atenas e outros puntos do Peloponeso. Actividade no que o conferenciante abondará na civilización grega e a súa incidencia no Mediterran [...]

A fin da inmediata preinscrición ás grandes viaxes, axuntamos abaixo adianto das propostas das mesmas. Que decir ten que as actuais circunstancias reclaman con antelación suficinte a devandita preinscrición, a fin de garantir a priopridade ao grupo, a calidade que pretendemos dar, merecen @s asistentes e caracteriza as nosas actividades. As viaxes de Amigos dos Museos de Galicia caracterizanse por fuxir das rutinas comerciais, standarizadas e dar unha visión integral dos lugares a visitar: Arque [...]

O sábado 5 de agosto, ás 16:30 terá lugar a visita guiada e con degustación ao MEGA (Museo da Estrella de Galicia) que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia tiña axendada con antelación. Lembramos o interese deste novo centro vencellado á familia Rivera, así como a significación histórica e cultural da cervexa, da que xa o xeografo grego Estabón, nos anos do cambio de era, comentaba que era bebida enxebre (zythos) dos celtas galaicos... Ao cabo do tempo base dunha industria que caracter [...]

O xoves 4 de maio, ás 20 horas, en Portas Ártabras terá lugar a presentación do último libro de Rosario Barros Peña: "EL VIAJE". No acto, ademais da autora participará David Loureiro González (Filólogo). Rosario Barros Pena naceu con dúas grandes paixóns: escribir e viaxar, pero tivo que esperar moitos anos para que estas se condensen en "EL VIAJE", un libro onde narra unha viaxe á Toscana entrelazando as paisaxes, a arte, as persoas, a dor e o humor. Valenciana de nacemento, galega por raíces e [...]