Categoría: Conferencias


O ESTADO DA CUESTIÓN DOS MUSEOS DE GALICIA E "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2021" Neste singular martes, ás 20 horas, en "Portas Ártabras" teremos un acto no que Felipe-Senén introducirá ao "Estado da cuestión dos Museos Galegos", en relación cos presupostos da nova Museoloxía como ciencia do Museo e da súa xestión. Acto no que estará moi presenmte o lema proposto polo Organismo Mundial de Museos (ICOM): "Recuperar e imaxinar", na busca de solucións innovadoras arredor da cultura como motor de ideas d [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]

O Xoves 4 de Marzo ás 19:30 terá lugar en "Portas Ártabras" a conferencia, ilustrada de imaxes, impartida pola Historiadora da Arte e técnica de Xestión Cultural Rosario Sarmiento: "A Guerra e o seu relato na arte contemporánea de Galicia". Creador@s galeg@s de todos os tempos, sensibilizados cos motivos e os efectos das guerras, moitos deles que as viven en carne propia, non deixaron de facer un arte de vangarda, militante, comprometido coa Paz, coa Liberdade e coa verdadeira Historia da Arte.. [...]

Fai un ano, no 2020 e por este tempo festivo que abre á primavera un representativo grupo de Amigos dos Museos de Galicia facíamos un recorrido antolóxico a través do Entroido galaico-portugués : o Bolo, Bragança, Podence, Santulhao... Monterrei, a Limia..... Mal coñecíamos o que acontecería despois e os retos ante os que nos enfrentamos hoxe e dos que algo aprenderemos, non queda outra que acudir á cultura que saber e responsabilidade para protexerse un e aos demais. Así que, coutados. acudimos [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras o profesor de Xeografía da Univesidade Complutense Francico Alonso Otero impartirá unha conferencia sobre a MARAGATERÍA. Encontro no que abondará en temas relativos á xeografía deste enclave, entre Astorga, os montes do Teleno e o Val do Silencio, atravesado polo Camiño Francés a Compostela, así como a súa arqueoloxía, sendo interesantes os seus enclaves mineir [...]

O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras,cunha conferencia do arqueólogo Lois Ladra farase presentación pública do libro editado polo noso colectivo " OS TORQUES ÁRTABROS. ARQUEOLOXÍA E CONTEXTO PARA O OURO GALAICO". Exemplar que se une a oturos xa publicados na mesma colección sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo A [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, tivo lugar en Portas Ártabras, unha conferencia impartida por Ángel Concheiro sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN DUNHA PAISAXE GALEGA”. Para ver a gravación prema AQUÍ Ángel Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neix [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, en Portas Ártabras, o arqueólogo Angel Concheiro dará unha conferencia sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN  DUNHA PAISAXE GALEGA”. Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neixón, ambos en Boiro,  así como do de Baro [...]

Velaquí na canle de Amigos dos Museos de Galicia de youtube a conferencia que o fotógrafo e historiador Xurxo Lobato deu en Portas Ártabras o xoves 9 de xullo do 2020 sobre "GALICIA É UNHA FESTA" e que recolle aspectos da súa recente publicación co mesmo título. Felipe-Senén fixo a introdución a un tema que caracteriza a Galicia como país de encrucilladas e de portos, isto é de feiras, festas e romar [...]