Categoría: Conferencias


Ás 20 horas en Portas Ártabras o profesor de Xeografía da Univesidade Complutense Francico Alonso Otero impartirá unha conferencia sobre a MARAGATERÍA. Encontro no que abondará en temas relativos á xeografía deste enclave, entre Astorga, os montes do Teleno e o Val do Silencio, atravesado polo Camiño Francés a Compostela, así como a súa arqueoloxía, sendo interesantes os seus enclaves mineir [...]

O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras,cunha conferencia do arqueólogo Lois Ladra farase presentación pública do libro editado polo noso colectivo " OS TORQUES ÁRTABROS. ARQUEOLOXÍA E CONTEXTO PARA O OURO GALAICO". Exemplar que se une a oturos xa publicados na mesma colección sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo A [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, tivo lugar en Portas Ártabras, unha conferencia impartida por Ángel Concheiro sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN DUNHA PAISAXE GALEGA”. Para ver a gravación prema AQUÍ Ángel Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neix [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, en Portas Ártabras, o arqueólogo Angel Concheiro dará unha conferencia sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN  DUNHA PAISAXE GALEGA”. Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neixón, ambos en Boiro,  así como do de Baro [...]

Velaquí na canle de Amigos dos Museos de Galicia de youtube a conferencia que o fotógrafo e historiador Xurxo Lobato deu en Portas Ártabras o xoves 9 de xullo do 2020 sobre "GALICIA É UNHA FESTA" e que recolle aspectos da súa recente publicación co mesmo título. Felipe-Senén fixo a introdución a un tema que caracteriza a Galicia como país de encrucilladas e de portos, isto é de feiras, festas e romar [...]

Xa está a disposición de quen o solicite, en Portas Ártabras, unha nova publicación. Trátase de o libro "Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico" da autoría do arqueólogo Lois Ladra. Edición que nace da iniciativa do noso colectivo como "Premio Pedra do Destino 2020" a Lois Ladra, dende neno membro do noso colectivo e cunha longa actividade  no estudo e na divulgaci [...]

Luns e xoves de xullo retomamos as actividades  en "Portas Ártabras", as que incluso abrirán a outras , como visitas que iremos anunciando.  Sempre en función da evolución da pandemia, das medidas preventivas oficiais, persoais e as que o propio colectivo toma, entendendo que a saúde é o prioritario. Atendendo a estas circunstancias as conferencias no noso espazo de cultura serán para 25 persoas (e con  [...]

Sentimos non podernos atoparnos nesta xornada do 18 de maio, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras ,  como en anos pasados. Falando do pasado, do presente e do futuro da institución do MUSEO.  Aínda que podemos seguir a facelo, dalgún xeito, pode ser a través das pantallas,  das tecnoloxías dixitais, premento en calquera desas páxinas, fáciles de atopar en internet, elaboradas con saber e agarimo polo [...]

Velaí, abaixo o enlace no que podes atopar as conferencias e imaxes que o enxeñeiro e especialista en simbolismo, José Luis García Dornelas ven impartindo, ás 20 horas  todos os segundos xoves de mes no noso espacio de cultura, Portas Artabras. Un xeito ameno de introducirnos na ética e estética, o fondo e a forma de representar, en epazos e tempos diferentes, aspectos que moveron a conciencia, a ciencia e a supertición a través [...]