Categoría: Comunicados


Confirmamos xa as datas desta esperada visita (xoves 28 de novembro e venres 13 de decembro), grupos especiais de 30 persoas: Saída ás 15 horas da parada de bus do Sporting Casino, previa inscrición que deberá facerse no noso espazo de cultura, Portas Àrtabras, ou chamando ao tfn. 981 210 101. Trátase dunha visita tanto pra coñecer a historia da Catedral de Santiago, como do simbolísmo do Pórtico, así como o recente [...]

 Velaquí anexa unha iniciativa solidaria coa Fundación Uxio Novoneyra e con canto significa a súa ética e estética poética, así como coa paisaxe, as tradicións e a revitalización humanista da Serra do Courel. Ademáis de ser un xeito de espallar e estimular a creación e a arte. Así a cultura non queda nunha liturxia protocolaría, é unha praxe, unha resposta solidaria, humanista ante as ameazas d [...]

O pasado 18 de maio, "Día Internacional dos Museos", como cada ano deuse a coñecer o nome do galardoado co Premio "Pedra do Destino 2019 " que o noso colectivo ten a ben conceder a aquelas agrupacións ou mesmo persoas preocupadas por canto significa o patrimonio cultural de Galicia e os seus museos. Galardón que lembra a  mítica "Pedra do Destino" relacionada con Breogán, Galicia e Brigantia, símbolo do pode [...]

Amigos dos Museos de Galicia veñen celebrando dende a mesma creación polao ICOM no 1977 a xornada de cada 18 de maio como DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Motivo para sensibilizar e divulgar  sobre os fins da intitución do museo: acopiar, conservar, estudar, documentar, divulgar testemuños da cultura dun pobo, cuns fins de educación e mesmo de lecer. Con tal motivo na tarde de este sábado, ás 17 horas, e partindo dende o mesmo e [...]

Sentimos que a xeira ao Val do Silencio, Médulas e Astorga programada para o sábado 25 e domingo 26 de maio, tempo axeitado para unha viaxe como esta, terá que ser posposta pra unha nova data por mor das eleccións, escollendo o tempo de outono, será  pois o sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro. E por mor de facela con garantias de hoteis e xantaras en lugares axeitados da maragatería e do Bierzo agradecemos que se vaian apuntand [...]

                          O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes reabriu as súas portas o sábado 30 de marzo de 2019. Tras case 30 anos nas instalacións do CPI Monte Caxado, agora unha fundación presidida polo exmaestro José María López Ferro, trasladou parte do material a unha vivenda rehabilitado no barrio da Vila. Un recurso que de seguro será unha fonte de insp [...]

A Real Academia  Galega de  Belas Artes (RAGBA) celebrou o pasado sábado, 30 de xuño, Sesión Ordinaria no salón Reitoral do  Colexio de San  Xerome de Compostela, xuntanza na que decidiu, por aclamación,  homenaxear  ao longo do 2019, e en especial, o Día das Artes Galegas (1 de abril)  a Luis Seoane López (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), unha proposta subscrita por académicos e varios cole [...]

Ás 19 horas quedan convocad@s @s asociad@s á Asemblea Anual 2019 do noso colectivoen que terá lugar o xoves 14 de febreiro no noso espazo de cultura,"Portas Ártabras" (Sinagoga 22-Coruña). Que decir ten  que é pra directiva o momento de rendir contas, de expoñer plans, tamén de lembrar  e sobre todo de escoitar. Aínda que, cada día, estamos abertos a todas as suxestións é i [...]

Até mediados de xaneiro, datas polas que presentaremos o programa 2019 de viaxes e actividades, podes facernos chegar as túas suxestións ou opinións, iniciativas razoables e realizables, tanto pra incluir como pra mellorar o programa. Agradecendo inmensamente a iniciativa de sumarte á parte organizativa ou simplemente á máis elemental e que tanto valoramos: a participativa, acompañándonos nas actividades. Sen público [...]

Fotografías do acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2018 ao "Centro de Estudios Manuel Chamoso Lamas" de O Carballiño. No acto estiveron presentes: o Alcalde do Carballiño Francisco Fumega, Xosé Luis Sobrado, Presidente do Centro de Estudos Manuel Chamoso Lamas e Felipe Senén López presidente de Amigos dos Musoes de Galicia.  A etrega tivo lugar en Portas Ártabras o venres 23 de novembro do 2018.